1 - Biblioteca de aula online

A aplicación de bibliotecas e aula online permite almacenar os libros da biblioteca da túa aula a través das súa portadas, de xeito que poida ser empregado polos alumnos/as como complemento doutra serie de rexistros que se leven a cabo en papel, sobre todo co alumnado de infantil (para quen foi deseñado), e primeiros niveis de primaria.


Tan só deberás subir á aplicación as portadas dos libros que tes na túa biblioteca, segundo a numeración que desexes, para que logo o alumnado empregando o seu carnet QR e a webcam do ordenador, poida acceder para conseguir a portada do libro introducindo o número do mesmo.

Asemade a aplicación conta cun sistema básico de rexistro, que permite coñecer quen ten un libro prestado tanto desde un listado como desde o código QR dos libros, ou ben levar a cabo a devolución de forma autónoma por parte do alumnado cos seu carnet QR.

Grazas o uso do carnet QR o alumnado non terá que ter un contrasinal de acceso, sendo unicamente o mestre que conte cos seus datos de acceso persoais a recursoseducativos.net para a xestión da biblioteca.

Tamén é posible levar o control dos libros prestados a cada alumno/a e facer o rexistro/devolución do préstamo dos mesmos, desde a APP para smartphones e tablets de Prográmame-UDIS, escaneando o código QR da etiqueta do libro co lector de códigos da aplicación. Consulta o manual de uso da aplicación Prográmame-UDIS na seguinte ligazón:


Como aceder á túa biblioteca online:

Tan só tes que entrar cos teus datos de acceso e escoller en - As miñas aplicacións - a opcion -A miña biblioteca:


Unha vez dentro dela, na parte inferior tes un botón para conseguir unha ligazón (url) a esta biblioteca, de xeito que poidas enlazala desde calquera web ou bloque que desexes, sen precisar o acceso con usuario e contrasinal (senón con carnet QR tal como se sinalará en sucesivas partes deste manual.