1 - Que podo facer con Prográmame-UDIS?

Prográmame é unha aplicación online, dentro das dispoñibles na web recursoseducativos.net, destinada a facilitar a creación de Unidades Didácticas Integradas e outros documentos de programación, avaliación e cualificación, automatizando algunhas partes do proceso, empregando para elo o currículum oficial de Galicia.


Cando empregues prográmame poderás acceder a todas estas funcionalidades (algúns dos documentos tamén están dispoñibles en castelán)

  • Crear e almacenar tódalas UDIs (Unidades Didácticas Integradas) e Uds (Unidades Didácticas) que desexes organizadas en cartafoles.
  • Obter de cada unha das UDI ou UD creadas, en calquera momento, unha versión en pdf e outra en odt da Unidade, segundo a plantilla do CEIP. Pedro Antonio Cerviño, incluíndo o mapa de relacións entre tarefa, actividades e exercicios.
  • Obter unha táboa por curso en pdf e odt, da avaliación dos diferentes indicadores ou estándares incluídos nas diferentes Unidades, organizadas por trimestres e tipo de instrumento de avaliación, así como unha táboa cos indicadores traballados (fosen avaliados ou non)
  • Poderás modificar as UDI e UD tantas veces como desexes, conseguindo un novo documento pdf e odt en cada caso.
  • Terás a opción de iniciar unha nova UDI ou UD ben creándoa desde cero ou partindo dunha xa existente, grazas a opción ?copiar UDI ou UD?.
  • Poderás compartir os teus cartafoles con outros usuarios, de xeito que tódolos usuarios que teñas autorizados poidan traballar de forma conxunta nas mesmas UDIS ou UDs.
  • Poderás facer un seguimento, a través dunha ferramenta visual, dos estándares ou indicadores traballados ou non en cada curso e/ou área, de xeito que poidas controlar aqueles pendentes de traballar en cada nivel/área. Tanto dentro das UDIs ou UDs como no diario de clase.
  • Poderás temporalizar os indicadores/estándares nos tres trimestres de cada curso, ponderando o peso de cada un e engadir os instrumentos de avaliación, de xeito que poida obterse un informe a modo de táboa para empregar na programación de aula.
  • Poderás facer un seguimento da avaliación de cada UDI ou UD, dos teus grupos de alumnos/as, obtendo informes trimestrais de cada alumno onde se reflicte a cualificación de cada estándar e unha cualificación final.
  • Poderás xerar automaticamente listas de control e rúbricas de cada un dos estándares de avaliación, xa sexan valeiras ou do teu grupo de alumnos/as
  • Poderás xerar unha táboa cos estándares avaliables, grao mínimo, temporalización por trimestres, instrumentos de avaliación e peso do estándar, que poderás incluír na programación do curso.
  • Poderás xerar o perfil de área indicando o peso e mínimo de superación de cada estándar.
  • Poderás xerar o perfil competencial con ou sen procesos.
  • Poderás cualificar ó teu alumnado para o curso.
  • Poderás facer un caderno de clase semanas... e moito máis... Poderás levar un anecdotario online para o teu alumnado, así como o control das reunións.
  • Poderás levar ó día o teu "caderno do docente", no que indicar os resultados das diferentes probas para cada instrumento de avaliación, ou categorías que crees. Ademais se os agrupaches na lapela de programación xa aparecerán automáticamente.

Nos diferentes apartados deste manual de uso, analízanse as diferentes funcionalidades da aplicación.

Lembra que prográmame-UDIS é multidispositivo, e poderás empregala no ordenador, smartphone, tablet e reloxos intelixentes; sincronizando tódolos datos en tempo real entre elas.