1 - Que son e para que serven os acurtadores abrir.gal?

Que son os acurtadores abrir.gal?

Os acurtadores abrir.gal é un servizo de recursoseducativos.net, que permite contar cun enderezo web moi doado de lembrar, que nos leve a outro enderzo moito máis complexo.

Por exemplo, se accedes a https://programame.abrir.gal  estarás accedendo realmente ao enderezo https://www.recursoseducativos.net/software/online/programame_udis/lanzadera_pre.php.

Co servizo de -acurtadores abrir.gal- podes crear tantos enderezos deste tipo como queiras, que permitirán que sexa moi doado de lembrar calquera enderezo da web.

Este servizo está tamén dispoñible desde a APP programame-udis para iOS e Android (consulta o apartado 4 deste mesmo manual)



Que enderezos podo enlazar cos acurtadores abrir.gal?

Podes enlazar calquera url da web que desexes, así por exemplo poderías crear  un acurtador  oblodomeucole.abrir.gal que te leve á web do teu centro educativo, outro para enlazar un xogo concreto na rede, etc.

Lembra que podes crear tantos acurtadores como desexes.


Como accedo á xestión dos meus acurtadores?

Tan só tes que entrar co teu usuario e contrasinal e, no apartado -As miñas aplicacións- elexir o apartado correspondente.