Recursoseducativos.net ofrece un servizo de emisión online, en directo e en tempo real, para centros que conten cunha radio escolar.
Deste xeito a radio do centro educativo poderá emitir online, en directo, e ser escoitada en calquera parte do mundo; empregando un reproductor que se pode inserir en calquera web ou blog.
Se queres solicitar este servizo online, para a radio do teu centro, accede cos teus datos a recursoseducativos.net e no apartado - as miñas aplicacións - escolle a opción - a miña radio-, alí atoparás as instruccións para solicitar que se active a túa radio online.
Se ben pode crearse unha radio con calquera usuario rexistrado, é recomendable que se faga desde a conta de usuario de Centro educativo.
Podes ver un exemplo da radio online emitindo: Recursoseducativos radio (test para probas) e acceder á lista radios que usan os servizo, na seguinte ligazón:
https://www.recursoseducativos.net/software/online/radio/lista_radios.php