1.1 - Acceso co código QR do alumnado ou usar só o banco común

Para poder buscar palabras da túa carpeta persoal é preciso ter accedido ben cos teus datos de acceso (usuario contrasinal) ou ben co código QR do alumnado dalgún dos teus grupos.

Este segundo caso é sempre o recomendable vaia a ser empregada na aula, por parte dos nenos e nenas. Usaremos o acceso co usuairo e contrasinal do docente, cando se queira xestionar o dicionario persoal (engadir e borrar imaxes).



Tan só teremos que premer no botón da cámara co lector QR, e escanear o código do QR do carnet dun alumno ou alumna.

Só poderás acceder ao teu dicionario cos códigos QR do alumnado dalgún dos teus grupos, amosándose un erro se tentas acceder ao dicionario persoal doutro usuario.

Descubre como xestionar os teus grupos de alumnos e crear os carnets QR  do teu alumnado no seguinte manual: https://www.recursoseducativos.net/Help-Desk/article/3-xerar-documentos-fotografias-codigos-qr-listados-e-carnets-qr#menu 


Usar só o banco común de imaxes:

Non caso de non acceder co código QR ou os teus datos persoais, poderás empregar o dicionario pero os resultados amosados serán só os dispoñibles no banco común de imaxes, libres de dereitos.

As imaxes do banco común son de creación propia ou do sitio https://pixabay.com/es/, todas elas libres de dereitos