1.1.1-e - Uso do buscador de centros

Desde a versión 3.1.154 da APP (actualíza na App Store ou en Google Play), engadiuse unha nova funcionalidade: O buscador de centros.

Desde a versión  3.1.169, tamén podes usar este apartado desde o teu vehículo con Carplay (só iphone) ou Android Auto (só Android). Tes máis información ó respecto nas seguintes ligazóns:


Neste apartado podes buscar entre tódolos centros educativos de Galicia. Os datos son actualizados cada semana do -buscador de centros- do portal educativo. Os datos amosados son os oficiais que figuran en https://www.edu.xunta.gal/centroseducativos/BuscaCentros.do, que son recuperados el almacenados na base de datos cada 7 días, a partir dos arquivos CSV públicos.

A busca realízase no nome do centro, código, enderezo, provincia e concello, tan só escribindo unha palabra ou varias consecutivas no buscador.

Unha vez atopados resultados poderás:

  • Marcarcalo/Desmarcalo como o teu centro, e engadir o código e nome de centro ó teu perfil.
  • Acceder á úbicación real en Mapas de Apple ou Google Maps, Waze ou Here WeGo (na versión iOS) e Google Maps , Waze ou Here WeGo  (en Android)
  • Acceder ós datos do buscador de centros, para cada un deles, premendo sobre o nome do centro.
  • Marcar/Desmarcar os teus centros favoritos.

No seguinte vídeo podes ver como funciona esta nova funcionalidade.


Tamén podes marcar os teus centros favoritos, descubre como facelo no seguinte vídeo



Como observarás non tódolos centros teñen imaxe, estas son introducidas manualmente polo que, no caso de que desexes que apareza a do teu centro ou centros, podes enviarmas ó correo info@recursoseducativos.net indicando o centro, e serán engadidas.