Para rexistrar os teus libros da biblioteca, e que así poidan emprgarlos na aula os alumnos/as, deberás seguir estes pasos, escollendo unha destas opcións
Sistema manual:
Sistema automático:
Para facer todo isto teremos que entrar na nova opción -acceso mestres-, que non se verá cando se acceda sen os teus datos de acceso, por exemplo cando entre o alumnado co seu carnet QR.
Unha vez dentro da zona de xestión de mestres/as poderemos levar a cabo varias accións de control sobre a nosa biblioteca, entre elas subir as portadas dos libros de modo manual ou automático así como xestionar os libros que teñamos xa metidos.
Veremos tamén aparecer un contador de números que temos dispoñibles para usar.
Na parte inferior desta zona de administrador accederás á lista de libros introducidos onde poderás borralos e actualizar os seus datos, se así o precisas (para ser logo usados no buscador ou visualizados escaneando o código QR que se asgina a cada libro). Lembra premer o botón gardar tras cambiar cada libro. O código ISBN-13 do libro é obrigatorio.
Podes elexir se amosar a lista completa de libros (por defecto), ou son os -non devoltos- premendo no botón correspondente.
Tamén poderás ver aqueles libros non devoltos e, premendo non botón de -ver histórico de préstamos- poderás marcalos como devoltos, se o precisas.