1.2.1 - Pantalla de inicio, configuración e navegación

Na primeira pantalla poderás visualizar os elementos seleccionados na app: cartafol, etapa, grupo...

Tamén terás acceso ó botón para desbloquear o acceso da versión web, empregrando o PIN que se amosa. Máis información neste outro apartado do  manual.


Nesta primeira pantalla deberás tamén decidir se queres a que a semana do diario de clase cargue de modo automático, se tes a data asociada, ou queres que se amose a escollda na APP do smartphone ou tablet



No caso do Apple Watch a conexión e sincronización é automática, no caso de ter un reloxo con wearOS desde esta pantalla, no primeiro acceso, deberás scanear o código QR que apareza coa APP do smartphone para facer a sincronización.

En cada unha das seccións emprégase a mesma cor utilizada, tanto na versión web como na APP para smartphones e tablets, para unha máis rápida localización.


Navegación entre as seccións:

No caso o Apple Watch tan só tes que deslizar a diferentes pantallas á dereita e esquerda.

No caso de reloxos con wearOS deberás empegar os botóns dispoñibles en cada sección, así como na pantalla de inicio, para acceder a cada unha delas ou voltar.