1.2.2 - Diario de clase

No diario de clase cargará a semana automática ou elexida manualmente (ver o punto correspondente neste manual)

A semana desplázase automáticamente ata o día e hora actual, no caso de ter indicadas as horas nas semanas do cartafol, e ter creada a semana a partir dunha data do calendario.

Aparecerá destacado coa icona en cor verde lima, aqueles exercicios/sen clase que se corresponden coa hora actual. Sempre que a semana fose creada na web ou na APP para smartphones e tablets, usando o  calendario ou indicando unha data real.

No botón + poderás engadir , sobre a marcha, un exercicio rápido á semana Aprazados desde a APP, que poderás completar logo na versión web ou para smartphones-tablets.


Cando se elixe algú elemento da semana, poderás ver o seu contido completo, e terás a opción de aprazalo (será engadido na semana Aprazados desde a APP), desaparecendo da semana actual (de forma análoga a como funciona na APP para smartphones e tablets)

Neste caso podes usar o sistema de dictado propio do teu reloxo intelixente e outros sistemas de escritura como teclado ou identificación de texto escrito co dedo.