1.2.3 - Alumnado

No apartado alumnado verás aparecer a lista do grupo que teñas escollido no smartphone. Se queres cambiar a outra lista terás que facelo no distivo enlazado.

Facendo click sobre cada un dos alumnos poderás:

  • Ver datos sobre o alumno/a: nome completo, data de nacemento, gráfico cos días que faltaou e se retrasou no mes.
  • Engadir unha anécdota co teclado ou dictándoo. Asignaralle a data e hora actual.
  • Engadir as anotacións a unha reunión co teclado ou dictándoo. Asignaralle a data e hora actual.
  • Marcar se faltou o se retrasou no día actual


Podes buscar na lista de alumnos/as, usando a icona da lupa, aplicando un filtro que amosará só os alumnos/as que cumplan ese criterio (busca nos diferentes datos introducidos para o alumnado)

Na introdución de anécdotas ou reunións, podes usar o sistema de dictado propio do teu reloxo intelixente e outros sistemas de escritura como teclado ou identificación de texto escrito co dedo.

Tamén poderás ver no teu reloxo o código QR do alumno ou alumna, para poder usalo noutras aplicacións webs como o calendario online ou o rexistro de préstamo de libros da biblioteca da aula.