1.3 - Obter/copiar a URL do dicionario para acceder ao mesmo

Para que desde a aula o alumnado poida acceder ao teu dicionario, deberás engadir unha ligazón ao mesmo desde unha web, blog ou como acceso directo do xeito que consideredes.

Para elo precisas ter a URL exacta do teu dicionario, de xeito que sexa posible acceder á túa carpeta persoal, de ser o caso.

Tes que acceder, en primeiro lugar, co teu usuario e contrasinal e entrar no teu calendario persoal:


Xa dentro do teu dicionario, podes obter a ligazón (URL) a este dicionario en concreto, empregando o botón que atoparás na parte inferior. Facendo click no mesmo será copiada a url do dicionario, que poderás pegar onde consideres.


Tamén podes obter esta URL, copiando o enderezo que atoparás na barra de enderezos web do navegador.


Ten en conta que a URL de cada dicionario persoal é unica, polo que se queres que o teu alumnado entre no teu calendario, debes asegurarte de que estás copiando o teu (cos pasos sinalados anteriormente) e non o de exemplo ou o de outro usuario.