Para poder xestionar o teu dicionario/carpeta persoal de imaxes, e así poder engadir novas ou borrar algunha das existentes, tes que acceder co teu usuario e contrasinal como usuario rexistrado.
Unha vez teñas accedido terás que entrar en primeiro lugar no teu dicionario.
Unha vez dentro, preme no botón que atoparás na parte inferior do mesmo, que permite o acceso á xestión do teu calendario persoal
Engadir palabras ao dicionario/carpeta persoal:
Antes de engadir unha nova palabra o teu dicionario persoal, é interesante que verifiques se xa está dispoñible no banco común de imaxes, facendo unha búsqueda por palabra na aplicación principal.
No caso de engadir unha nova palabra/imaxe cando xa exista dita palabra no banco común, a que subiches ao teu banco persoal será sempre amosada antes da dispoñible no banco común.
Podes subir imaxes de modo individual ou dentro dun arquivo zip (usando as opcións correspondentes), pero en todo caso deberás ter en conta o seguinte á hora de subilas:
Despois de subir unha imaxe, verifica que é atopada correctamente no buscador de palabras - voltando ao dicionario - e facendo unha búsqueda da mesma.
Listaxe de palabras dispoñibes na carpeta pesoal - borrar palabra/imaxe:
Premendo en cada unha das letras veremos a lista de imaxe que temos subidas de cada unha delas, podendo verificar o seu nome de arquivo e extensión.
Poderemos tamén borrar a que queiramos usando a opción correspondente.