1.2.5 - Widget e complicación no AppleWatch e en wearOS coas túas próximas citas.
AppleWatch:
No AppleWatch podes engadir un widget deslizando desde a esfera cara arriba, premer + e buscar programame-UDIS, verás aparecer as túas próximas citas.
Tamén podes engadir unha complicación «coas citas de hoxe», buscando unha esfera compatible, e engadíndo a de prográmame-UDIS no lugar que queiras.
WearOS:
En WearOS podes engadir un widget (tile) coas próximas citas, deslizando desde a esfera cara a esquerda, premendo + e buscando prográmame-UDIS.
Tamén podes engadir a compilación «coas citas de hoxe» para esferas compatibles, edita a esfera e escolle a complicación de prográmame-udis.






