1 - Que é e como funciona a aplicación de Control de ruído?
Coa aplicación "control de ruído" podes amosar de modo gráfico e "simpático" o grao de "ruído" que hay cada momento na aula, podendo axustar determinados parámetros.
Antes de comezar, en cada arranque, vai soliciar activa ro micrófono e escoitar o son da aula, para tomalo como referencia (consulta o punto seguinte deste manual)
Unha vez feito, verás a seguinte pantalla, na cal segundo o nivel de ruído as animacións actuarán dun modo ou doutro.
Nela podes:
- Escoller entre os diferentes temas dispoñibles para amosar a animación.
- Indicar o nivel de actividade (que determina onde pon o límite para as animacións):
- Traballo en silencio
- Traballo en parellas
- Traballo en grupo
- Marcar o grao de sensibilidade que queres que teña ao detectar o volume do son que escoita.
- Calibrar co silencio da aula: repetir a proba que se fixo ao comezo, para determinar o punto de partida para detectar cando hai ruído.
- Aviso sonoro ao chegar oao vermello: desactivado por defecto, emite un son cando se chega ao nivel vermello de son.
- Contadores de tempo na sesión actua.
Nalgunhas plantillas poden aparece debaixo delas, opcións adicionais como no caso de "bote de estrelas", onde se poden indicar cantas estrelas se usarán para "encher o bote".
Ten en conta que o resultado final e funcionamento desta aplicación dependerá da calidade do micrófono do equipo a usar, do entorno onde se execute (nivel de eco etc...), polo que debes proba que parámetros son mellores en cada caso: calibración inicial, nivel de sensibilidade, etc...




