2 - Como reducir o peso das imaxes, para poder subilas?

En varias das aplicacións de recursoseducativos.net, como no caso do creador de revistas online, o tamaño máximo para subir unha imaxe é de 1Mb, polo que precisarás reducir o peso das mesmas para poder subilas.

De seguido poderás coñecer diferentes formas de facelo, segundo o sistema operativo que esteas a empregar:

 

Equipos con windows:

Podes atopar diferentes formas de facelo nas seguintes ligazóns: 


Equipos con MacOS (Apple):

Abre a imaxe ou imaxes co programa "vista previa", que é o que abre por defecto ao facer doble click sobre el:

  • Escolle arquivo exportar
  • En formato elixe jpg.
  • Emprega a barra deslizante de calidade para axustala, de modo que o tamaño amosado na parte inferior sexa inferior a 1Mb

Deste xeito estás a reducir o peso do arquivo baixando a calidade de compresión, pero mantendo o seu tamaño. Alternativamente tamén poderías reducir o tamaño da imaxe, mantendo a calidade, e en consecuencia rebaixando o seu peso. Podes facelo na mesma aplicación desde o menú ferramentascambiar o tamaño (a medida que o cambies verás o peso que terá o arquivo ao final)


Equipos coa maqueta Edixgal:

  • Facendo click co botón dereito sobre a imaxe escolle abrir con GIMP (Programa de manipulación de imaxes GNU)
  • Escolle arquivo exportar a (export a) preme exportar.
  • Escolle na seguinte ventá a calidade de compresión da imaxe. 
  • Se marcas a opción -amosar a vista previa- verás tamén cando pesaría a imaxe coa calidade que escollas.


Usando ferramentas online:

Existen moitas páxinas nas que podes subir a/as imaxe/s e poder descargalas con menos peso. O maior problema destes sistemas é que tes que subir la imaxe previamente (polo que pode tardar moito en subir) e logo voltar a descargala.

Algunhas páxinas que permiten facelo son: