En canto accedamos á aplicación teremos que escoller entre traballar coa versión para primaria, infantil, ou secundaria (ESO e bacharelato), así como de modo experimental ESA e EBI. En tódolos casos o funcionamento e idéntico, xa que só cambia o currículum co que se elaborarán as diferentes UDIs. Cada unha dúas versións é independente da outra podendo alternar entre elas sempre que se queira entre elas, premendo na icona da ?casiña? que te levará novamente a este menú inicial.
No caso de Educación primaria, ESO e bacharelato a aplicación emprega o currículum oficial da etapa, e no caso de infantil usará a concreción curricular integrada, elaborada no CEIP. Pedro Antonio Cerviño a partir do currículum oficial de Educación Infantil (xa que o currículum de infantil non se atopa distribuído de xeito integrado). Se ben pode escollerse a concreción doutro centro que xa a teña introducida (ver apartado correspondente neste mesmo manual)
En tódolos casos trabállase sobre os currículums da Comunidade autónoma de Galicia. * No caso dos currículums de ESO e Bacharelato non se atopan dispoñibles tódalas áreas xa que só aparecen aqueles que están sendo a introducidas por usuarios colaboradores.
Podes colaborar introducido algún currículum non presente, ou ben indicando algún erro, contactando por e-mail en info@recursoseducativos.net
Nos diferentes apartados do manual citaranse indistintamente, diferentes etapas, pero o funcionamento é idéntico para calquera delas.