2 - Que preciso para emitir online?: instalar, configurar e usar o software Butt

Para poder emitir o son que se xera no ordendor, e que este se envíe ó servizo de radio online de recursoseducativos.net, precisas instalar un programa en dito equipo que permita a transmisión de son.

Un dos máis sinxelos é BUTT que podes descargar gratuitamente na seguinte ligazón:

https://sourceforge.net/projects/butt/


Configurar o servidor da radio online:

Cando teñas Butt xa instalado, terás que configurar un servidor para que poida conectarse coa túa radio online de recursoseducativos.net.

1 - Entra no apartado - as miñas radios - de recursoseducativos.net.



Alí atoparás os datos de conexión que terá que incluír no programa Butt. Tamén verás o código para insertar na web ou bloge.



2 - Abre o programa Butt e preme en settings.



3 - Na lapela - Main - en - Server settings -  preme ADD para engadir un novo servidor. Unha vez remates aparecerá no despregable para escollelo sempre que queiras (se só tes ese será o escollido por defecto)


 

4 - Completa os diferentes campos cos que atopaches no apartado -as miñas radios- en recursoseducativos.net. Indica tamén un nome (name) que será o que aparecerá no despregable. Preme en ADD cando remates para gardar os cambios.


Butt xa estará listo para comezar a emitir online.


  

Iniciando unha emisión online:

Para comezar a emitir online, e que se reproduza nos navegador que teñas incluído na web/blog, ou na url directa do stream, tan só tes que premer esta icona (asegurándote de que no despregable teñas escollida a túa radio)



Para deter a emisión tan só haberá que premer o botón de STOP.

Lembra que esto únicamente emite online o son que se xere no ordenador, deberás proceder do modo que o fas habitualmente para traballar coa radio, por exemplo para gravar o programa.


Tamén podes indicar un título para emisión,  que aparecerá no reproductor ó lado de -emisión online-, tan só terás que escribir algo no campo título e premer OK para que se envíen os cambios. De non indicar ningún amosarase únicamente o indicativo de emisión online.