3 - Como podo usar as miñas propias imaxes, se non están en internet?

Se queres empregar unha imaxe que teñas no teu equipo, pero que non estea subida nin accesible en internet, deberás subila a algún servizo que permita obter a súa url, como por exemplo un blog ou galería fotográfica online (como as das webs dos centros)


Usando o servizo - Os meus arquivos:

Se eres usuario rexistrado de recursoseducativos.net, podes empregar o servizo -os meus arquivos - para subir alí as imaxes e obter a url das mesmas. Esas imaxes estarán sempre dispoñibles, salvo que as elimines do teu almacén de arquivos.

Consulta o manual do servizo - os meus arquivos -  na seguinte ligazón:  https://www.recursoseducativos.net/Help-Desk/article/1-que-e-e-como-accedo-a-xestion-dos-meus-arquivos 

Unha vez subida a imaxe, podes abrila e copiar a URL da mesma na barra do navegador.

Se ben podes subir as imaxes onde consideres, o mellor sería crear un cartafol dentro de -os meus arquivos -, onde almacenar todas estas imaxes que vas a usar no xerador de imaxes ocultas.