Se accedes á etapa de Educación Infantil, deberás seleccionar unha das concrecións curriculares dispoñibles para traballar con ela. Por defecto a aplicación cargará a concreción curricular do CEIP Pedro Antonio Cerviño, podendo cambiar á concreción das dispoñibles empregando o despregable dispoñible a este fin, incluída a do teu centro se a introduces.
Cada unha das concrecións curriculares contarás cos seus propios cartafoles e UDIS, non sendo posible traballar con dúas ou máis concrecións á vez, deste xeito:
Prográmame lembrará a túa elección de xeito que, cada vez que accedas á etapa de infantil, automaticamente será seleccionada a concreción na que estabas a traballar no teu último acceso.
Se no teu centro tedes elaborada a vosa concreción curricular, a partir dos criterios de avaliación de infantil, podedes metela en prográmame de modo que apareza no listado de concrecións dispoñibles.
Sería interesante que o usuario que introduza esta concreción sexa un usuario creado polo centro, o mesmo que xa se creou, do ser o caso, para introducir os perfís do centro.
Debes ter en conta que cando introduzas unha concreción curricular na aplicación está será pública para tódolos usuarios, de igual modo que agora mesmo o é a do CEIP Pedro Antonio Cerviño, de xeito que calquera poderá empregala para crear as súas UDIS.
3.1.1.- Que teño que facer para poder meter a concreción curricular de infantil do noso centro en prográmame-UDIS-UDIS?
Para poder introducir a concreción curricular do voso centro en prográmame está terá que estar creada segundo a estrutura empregada na aplicación, ver seguinte punto, esolicitalo a info@recursoseducativos.net, para poder dar os permisos pertinentes ó usuario solicitante (preferiblemente un usuario de centro, o que xa se empregou para a introdución dos perfiles de centro) e engadir o nome do centro no despregable.
3.1.2.- Como temos que crear a nosa concreción curricular de infantil para poder metela en prográmame?
A concreción curricular de infantil que empregamos en prográmame baséase nun modelo similar ó currículum das restantes etapas, elaborando no centro diferentes indicadores de logro para cada un dos criterios de avaliación (o que verían a ser os estándares das restantes etapas).
A este criterio tamén se lle asocian os obxectivos e contidos do currículum, ambos xa introducidos na aplicación polo que non terás que voltar a metelos, senón que unicamente precisarás ter creados os indicadores de logro para cada estándar.
A cada indicador deberedes asignarlle un código para poder logo empregalo nas UDI, respectando as siglas establecidas na aplicación para as tres áreas: CC - Coñecemento do Contorno, LCC - Linguaxe Comunicación e representación e CSMAP - Coñecememnto de si mesmo e autonomía persoal.
Este código para cada indicador podería ter, por exemplo, a estructura CC.1.1 (que se leería CC - criterio 1 - indicador 1)
Podes ver como podería ser a estrutura do mesmo escollendo a concreción do CEIP Pedro Antonio Cerviño e elexindo xerar - currículum
Por outra banda, se queres 'seleccionar un indicador nun estándar e que sexa marcado noutros niveis' nas UDIs (por exemplo en caso de unidades mixtas de infantil), deberedes organizalos nun planing comparativo, de modo que se poidan indicar as asociacións entre os mesmos.
Podes ver como podería ser a estrutura deste planning comparativo escollendo a concreción do CEIP Pedro Antonio Cerviño e elexindo xerar - perfil de área - planing comparativo.
Unha vez elaborado este documento chegará o momento de introducilo na aplicación.
3.1.3.- Como introducimos a nosa concreción curricular de infantil en prográmame-UDIS?
Lembra que para poder levar a cabo a introdución desta concreción curricular debes solicitalo previamente, para que o teu usuario (preferiblemente o usuario de centro usado para crear os perfiles de centro) poida ter acceso á 'xestión da concreción'.
Con este primeiro paso xa efectuado, tan só terás que elexir a concreción correspondente e escoller a opción 'xestionar concreción' na parte inferior da aplicación.
En canto pulses esa opción chegarás a unha nova ventá na que terás que ir introducindo os diferentes indicadores para cada criterio (verás que os criterios e contidos xa están introducidos e non poden se modificados)
Tan só terás que completar estes campos:
Unha vez introducido aparecerá na lista de indicadores do criterio de avaliación. Podes modificalo pulsando no botón ?editar? ó lado de calquera indicador.
Lembra que podes borralo escribindo ? borrar - no código do indicador.
Poderás tamén indicar, cando edites o indicador, o número ?asociado? para poder crear o planing comparativo, tal como se indicou anteriormente.
3.1.4.- Para que serve ter relacionados estes indicadores cos do XADE en prográmame?
Cando introduces os indicadores da concreción curricular elaborada no teu centro, será con eses indicadores cos que elabores as túas UDIS e os que empregarás na programación de ciclo e nivel, mais no boletín XADE que se remiten ás familias temos que escoller ?algúns? dos indicadores da listaxe que nos ofrecen.
Para decidir que indicadores/items escoller nos boletíns do noso centro de Infantil, para cada nivel, área e trimestre, deberíamos ter en conta que estes teñan relación cos traballados e avaliados.
Se indicas en prográmame con que indicadores XADE están relacionados os da concreción curricular do teu centro, tan só terás que xerar o currículum (programación xerar currículum) ou xerar o planing comparativo do perfil de área (programación xerar perfil de área planing), e escoller a área e nivel que desexes, e marcando a nova opción de ?amosar relacionados co XADE? de modo que poderás ter un documento onde aparezan listados os indicadores ?escollidos? e que deberían figurar no boletíns.
Lembra que podes descargar a lista de indicadores avaliables do XADE na parte inferior da aplicación ou directamente desde AQUÍ.
3.1.5.- Como usamos a nosa concreción curricular introducida en prográmame?
Tan só teredes que escoller no despregable o nome do voso centro, ó igual que poderán facer o resto dos usuarios para poder traballar con ela, por exemplo na creación das UDI.