4 - Esquecín os meus datos de acceso (usuario e/ou contrasinal). Como podo solucionalo?

Se non te lembras do teu usuario e/ou do contrasinal de acceso sempre podes recuperalo usando a opción que atoparás debaixo da caixa de acceso.



Unha vez accedas a esa opción poderás pedir que se che envíe un correo electrónico, á conta que usaches durante o rexistro, no que se indicará o nome de usuario e se incluirá unha ligazón, na que facendo click, poderás cambiar o teu antigo contrasinal por outro calquera.

Para poder facelo tan só terás que introducir o teu nome de usuario (ollo coas maiúsclas e minúsculas) OU o e-mail de rexistro. 



No caso de que non poidas seguir este procedemento, ou non lembres o nome de usuario ou o correo empregado, e. non poidas cubrir o formulario anterior, contacta con info@recursoseducativos.net