4 - Por que nalgúns casos se abre o reproductor nunha nova ventá?

O sistema de radio online emprega o protocolo http na url para a transmisión do audio. Este protocolo é detectado como non seguro polas últimas versións de Google Chrome, Edge ou Opera, que usan o motor chrome/chromium,  cando se inclúe en páxinas web que usan o protocolo https, bloqueando deste xeito a reprodución do audio. (política de contido mixto inseguro)

Este feito fai que o inserir o reproductor páxinas con protocolo https, e ó acceder a elas con Chrome ou Edge non se reproduzan. Por ese motivo, neses caos concretos, o premer o botón de play no reproductor insertado, o navegador abre unha nova ventá separada, co reproductor, de modo que non presente eses problemas, e sexa plenamente funcional.

Por exemplo, nas webs dinámicas dos centros educativos de Galicia, como se emprega o http non hai problemas de reprodución con estes navegadores,  mentras que se tentas reproducila no apartado -a miña radio-, en recursoseducativos.net (que emprega https) observarás  que neses casos se abre o reproductor nunha nova ventá.

Se vas a usar a radio nun blog ou web que use https, poderás optar por escoitar a emisión online usando outro navegador, onde non será bloqueado ou ben reproducilo nunha ventá nova que será aberta cando sexa preciso.