4 - Uso do modo aleatorio

Cando uses a lista de palabras/frases que se carga por defecto, tes a opción de escoller se queres que se amosen na orde normal ou en modo aleatorio.

Deste modo, cando premas o botón adiante ou atrás, pasará a seguinte ou anterior palabra, ben seguindo a orde indicada na lista, ou en modo aleatorio. Neste último caso é posible que se repita algunha.

Para activar ou desactivar o modo aleatorio, tan só tes que escoller a opción que corresponda no menú lateral despregable.


Por defecto cada xogo é cargado con modo aleatorio marcado como NON.