5 - Reproductor da radio: coñecer o estado da emisión

Canto teñas inserido o código do reproductor da túa radio nunha web (ver apartado 3) ou blog, ou mesmo pre-visualizándoo no apartado -a miña radio- de recursoseducativos.net), amosarase un reproductor no cal poderán verse os seguintes datos, segundo o estado no que se atope a emisión:

Os datos actualízanse de forma automática cada 5 segundos (mentres se continúe a visualizar o reproductor)


Se a radio está emitindo nese momento:

  • Nome da emisora da radio online.
  • Información de que existe unha emisión en directo neses intres.
  • Título da emisión indicada no programa de emisión (Butt)
  • Número de ointes (pode variar levamente segundo a estabilidade da conexión dos oíntes en cada momento).
  • Acceso a URL directa do steam,  sen empregar o reproductor. Pode empregarse para engadlila a programas de reproducición de radio online, por exemplo en teléfonos, tablets ou programas específicos de ordenador.
  • Nome do centro autor da emisora online. Facendo click sobre o mesmo accederás a páxina web específica da radio escolar, onde figurarán os programas anteriores e outra información.
  • Acceso á recursoseducativos.net desde o logo tipo identificativo, como proveedor do servizo gratuito.



Se a radio non emite nese momento:


  • Nome da emisora da radio online.
  • Información de que NON existe unha emisión en directo neses intres.
  • Acceso a URL directa do steam, sen empregar o reproductor. Pode empregarse para engadlila a programas de reproducición de radio online, por exemplo en teléfonos, tablets ou programas específicos de ordenador.
  • Nome do centro autor da emisora online. Facendo click sobre o mesmo accederás a páxina web específica da radio escolar, onde figurarán os programas anteriores e outra información.
  • Acceso á recursoseducativos.net desde o logotipo identificativo, como proveedor do servizo gratuito.