O primeiro que teremos que facer e crear un cartafol, onde poder almacenar as UDIS e outros documentos que vaiamos creando, obviamente tamén poderemos escoller un dos cartafoles creados anteriormente para traballar con el. Mira de seguido as opcións dispoñibles la lapela cartafoles:
(*) Podes xerar unha lista con estes datos en UDIS XERAR Listas de indicadores/estándares/contidos traballados ou avaliados.
Unha vez creado un cartafol, este pode ter un destes tres estados, identificados polas respectivas iconas:
Cartafol do que es propietario (creador) pero que non compartes con ninguén:
Só ti podes modificar (cambiar o nome, borralo, convidar, bloquealo) e traballar neste cartafol e ninguén pode acceder ós contidos do mesmo, se o desexases poderías convidar a outros usuarios a que traballasen nel (ver punto seguinte do manual)
Cartafol do que es propietario (creador) e que estás compartindo con alguén:
Só ti podes modificar o cartafol (cambiar o nome, borralo, convidar, bloquealo) pero tódolos usuarios cos que o compartes, ademais de ti, poderán modificar os contidos do mesmo (as UDI, perfís, programación...)
Cartafol ó que estás convidado pero do que non es propietario (creador):
Como convidado a este cartafol podes modificar e traballar no seu contido (UDIS, perfís, programacións...) pero non podes modificalo (cambiar o nome, borralo, convidar a outros, bloquealo). Podes abandonar un cartafol ó que esteas convidado premendo o botón da dereita. Deberás ser convidado novamente para volver a traballar nel.
Os cartafoles marcados como 'de centro' inclúen unha icona diferente para a súa mellor identificación, pensado para os cartafoles comúns de centro para a elaboración de perfís de área e CC (ver anexo I)
Estraxteias á hora de crear cartafoles e como xuntar varios cartafoles nun: