6 - Borrar unha ligazón ou o panel completo

Podes borrar tanto as ligazóns de modo individual como o panel de ligazóns completo.

TEN EN CONTA QUE EN AMBOS CASOS É UN PROCESO IRREVERSIBLE, para o que se solicita confirmación de borrado..


Borrar unha ligazón:

Tan só debes premer a pequena icona cunha papeleira, situada ao lado de cada ligazón, confirmando que queres borralo no menú que apercerá.


  


Borrar o panel completo:

Cando borras o panel completo, estás eliminando tódalas ligazóns que contén, polo que se solicita confirmación de borrado, xa que é un proceso irreversible.

A opción de borrar todo o panel, -borrar este panel - podes atopala na parte inferior do panel de ligazóns en cuestión. identificada en cor vermella.

Para borrar o panel completo,  para evitar borrados accidentais, este deberá esar valeiro, é dicir non pode conter ningunha ligazón (ncaso de tentar borralo contendo ligazóns no seu intererior recibirase un aviso ao respecto).