Por supoposto, podes copiar a -url do stream- que aparece na parte inferior de cada reproductor (aínda que non estea emitindo), e usala na aplicación que prefiras, sempre e cando acepte servizos de streaming de Shoutcast v2.
Esta url do stream será sempre do tipo http://radios.abrir.gal/tunein/xxxxxxxx-stream.pls (sendo xxxx o nome de usuario da creador da radio), podes conseguila facendo co click co botón dereito sobre - URL do stream - e escoller copiar a URL.
Podes tamén empregar aplicacións como as seguintes, onde engadir os streams (copiar url do stream) destas radios no teu dispositivo móbil (se ben podes facelo sempre desde o navegador web)
Podes engadir os Streams de audio no apartado de favoritos.