Foro de axuda das aplicacións e web
Estandares de aprendizaxe

Boas, compañeir@s! Estou empezando a facer a miña PD para o curso de 2ºESO na especialidade de Lingua Galega e xurdíronme algunhas dúbidas. A ver se me podedes botar unha man. Dúas preguntas:

  • Os estándares de aprendizaxe son moi xenéricos, non? É dicir, están presentes todos en todas as UDs ou en case todas. É así, ou teño que "fiar moi fino" para establecer e pechar moi ben cada UD?

  • Relacionado cos OXE a mesma pregunta. Menos o "m" que corresponde máis a EF e o "i" que corresponde máis a unha lingua estranxeira como inglés ou francés; os demais aparecen moi relacionados con todas as UDs do curso.

En definitiva; sería un erro pola miña parte "repetir" na PD todos os EEAA e os OXE en todas ou case todas Uds?

Grazas pola vosa axuda

Boas, compañeir@s! Estou empezando a facer a miña PD para o curso de 2ºESO na especialidade de Lingua Galega e xurdíronme algunhas dúbidas. A ver se me podedes botar unha man. Dúas preguntas: - Os estándares de aprendizaxe son moi xenéricos, non? É dicir, están presentes todos en todas as UDs ou en case todas. É así, ou teño que "fiar moi fino" para establecer e pechar moi ben cada UD? - Relacionado cos OXE a mesma pregunta. Menos o "m" que corresponde máis a EF e o "i" que corresponde máis a unha lingua estranxeira como inglés ou francés; os demais aparecen moi relacionados con todas as UDs do curso. En definitiva; sería un erro pola miña parte "repetir" na PD todos os EEAA e os OXE en todas ou case todas Uds? Grazas pola vosa axuda

Boas

Tal como o entendo eu:

Os estándares de aprendizaxe son moi xenéricos, non? É dicir, están presentes todos en todas as UDs ou en case todas. É así, ou teño que "fiar moi fino" para establecer e pechar moi ben cada UD?

Os estándares de aprendizaxe son xenéricos (ou non segundo a materia), como moito cada centro pode “no seu perfil de área”, por exemplo “afinar” cun descriptor onde se pon o “mínimo para cada estándar” (eso que se pide no guión da programación de nivel)
En canto ás Unidades Didácticas poden estar presentes ou non e, obviamente, van a ter que estar repetidos (podes afinar na parte de avaliación sobre que parte do estándar avalías en cada caso - redactando o descriptor). De feito o bloque 1 de tódalas áreas/materias soe estar presente en tódalas UD/UDI.

Relacionado cos OXE a mesma pregunta. Menos o "m" que corresponde máis a EF e o "i" que corresponde máis a unha lingua estranxeira como inglés ou francés; os demais aparecen moi relacionados con todas as UDs do curso.

Os obxectivos, como indicas, veñen establecidos para a etapa, son como as “finalidades útimas”, porque o papel que tiñan antes os obxectivos máis concretos e específicos ocuparíano (ata esta lei, posto que na LOMLOE parece ser que desaprecen) os estándares. Por esa razón non están “pensados para unha materia en concreto” senón para todas as da etapa (nuns casos máis que noutros claro).
O se pide nas programacións e que “se concreten eses obxectivos de etapa” para cada materia (naqueles casos nos que non sexa posible obviamente supoño que non”

En definitiva; sería un erro pola miña parte "repetir" na PD todos os EEAA e os OXE en todas ou case todas Uds?

Non sei se te refieres a unha programación real dun centro, neste caso non veño o problema en que se repitan (de feito o seu é que se repitan claro). No caso de ser unha programación para oposición neses caso a cousa xa depende da convocatoria e do que “se pida nas rúbricas de correción da mesma”, porque nese caso son diferentes ó que se pide nos centros. (De feito é unha mestura entre programación de nivel e programación de aula)

Non sei se che axudei, ten en conta que estas son as miñas “impresións e interpretacións”, non a verdade absoluta smile

Boas Tal como o entendo eu: > Os estándares de aprendizaxe son moi xenéricos, non? É dicir, están presentes todos en todas as UDs ou en case todas. É así, ou teño que "fiar moi fino" para establecer e pechar moi ben cada UD? Os estándares de aprendizaxe son xenéricos (ou non segundo a materia), como moito cada centro pode “no seu perfil de área”, por exemplo “afinar” cun descriptor onde se pon o “mínimo para cada estándar” (eso que se pide no guión da programación de nivel) En canto ás Unidades Didácticas poden estar presentes ou non e, obviamente, van a ter que estar repetidos (podes afinar na parte de avaliación sobre que parte do estándar avalías en cada caso - redactando o descriptor). De feito o bloque 1 de tódalas áreas/materias soe estar presente en tódalas UD/UDI. > Relacionado cos OXE a mesma pregunta. Menos o "m" que corresponde máis a EF e o "i" que corresponde máis a unha lingua estranxeira como inglés ou francés; os demais aparecen moi relacionados con todas as UDs do curso. Os obxectivos, como indicas, veñen establecidos para a etapa, son como as “finalidades útimas”, porque o papel que tiñan antes os obxectivos máis concretos e específicos ocuparíano (ata esta lei, posto que na LOMLOE parece ser que desaprecen) os estándares. Por esa razón non están “pensados para unha materia en concreto” senón para todas as da etapa (nuns casos máis que noutros claro). O se pide nas programacións e que “se concreten eses obxectivos de etapa” para cada materia (naqueles casos nos que non sexa posible obviamente supoño que non” > En definitiva; sería un erro pola miña parte "repetir" na PD todos os EEAA e os OXE en todas ou case todas Uds? Non sei se te refieres a unha programación real dun centro, neste caso non veño o problema en que se repitan (de feito o seu é que se repitan claro). No caso de ser unha programación para oposición neses caso a cousa xa depende da convocatoria e do que “se pida nas rúbricas de correción da mesma”, porque nese caso son diferentes ó que se pide nos centros. (De feito é unha mestura entre programación de nivel e programación de aula) Non sei se che axudei, ten en conta que estas son as miñas “impresións e interpretacións”, non a verdade absoluta ;)
58
1
2
vista previa
introducir alomenos 10 caracteres
ADVERTENCIA: Mencionaches %MENTIONS%, pero non poden ver esta mensaxe e non se se notificará
Gardando...
Gardado
Con elexido desmarcar temas amosar temas elexidos
Tódolas mensaxes deste tema serán borrado ?
Borrador pendente ... Fai click para reanudar a edición
Descartar borrador