Ola! Teño unha dúbida e recibín información contradictoria dende os sindicatos.
As ACS dun curso impar as teño que elaborar en PROENS ou podo no prográmame?
Dixéronme que este ano en PROENS non ía a ser posible facelas.
Gracias pola axuda.
Boas Paulorenzo
En "teoría", segundo comentaron no seu momento PROENS tería unha opción para facer as Adaptacións curriculares. Entendo que co currículum LOMCE (que é o que teñen metido), o que no curso que ven serían os impares.
Agora mesmo non existe dita opción en PROENS, nin hai noticias dela no manual (nin sei se vai a estar lista xa para este curso), polo que "a modo de apaño" habilitei tamén a opción de facelas coa LOMLOE en prográmame-UDIS, mentras tanto.
O que si está claro é que nos cursos pares, co currículum LOMCE, a cousa seguiría como ata ata o de agora, usando o modelo oficial pero sin aplicación oficial (en prográmame-udis obviamente sigue operativa a opción das ACS para a LOMCE)
Salvo que digan o contrario, e habiliten en PROENS opción de facer ACS tanto para a LOMLOE (factible pero non o vexo para o comezo de curso), como para a LOMCE cousa que me parecería moi rara; poderás facelas como consideres (usando o modelo oficial obviamente).
En todo caso, quen ten que respostar isto é inspección, que debería saber como quere recibila.
Moitas grazas pola túa resposta!
Desculpa, outra dúbida.
Se empezo a facer as ACS na versión LOMLOE, ¿cando se introduzca o modelo oficial perderei o feito? ¿Ou trasladarse a información ao novo currículo?
Grazas.
Entendo que falas de prográmame non?
Unha ACS feita nun curríclum LOMCE, non pode logo mudarse ó novo curriculo LOMCE posto que son diferentes os elementos que o compoñen.
Se fas unha ACS na LOMLOE podes xerar un modelo "adaptado" a partir do oficial da LOMCE, en cato haxa un modelo oficial LOMLOE, obviamente o que estea feito aparecería nese modelo.
Non sei se esto responde a túa pregunta.
Si, falaba do prográmame, perdoa.
Estou empezando a facer unha ACS na versión LOMLOE (é para 5º), era para asegurar que o feito non se perderá cando saia o corrículo oficial.
É a primeira vez que traballo con esta ferramenta, e quero familiarizarme con ela antes do comezo de curso.
Está xenial, moitísimas grazas. Facilita moito o traballo.
Si claro, unha vez saia o currículum oficial (que vai a ser o mesmo que o que está metido, e de feito en PROENS está o mesmo tamén), revisarei e farei cambios que serán como moito cambios de redacción e pouco máis.
En todo caso, o traballo que teñas feito vaise a manter e adaptar automáticamente claro 
Outra dúbida. Unha vez feita a ACS pódese facer un seguimento e avaliar dende a aplicación?
Boas novamente.
Non, só é posible facer seguimento das UD ou UDI que teñas creadas, para os diferentes grupos de alumnos/as. Nese seguimento Unidades, que é o que se aplica na aula, obtemos datos na avaliación tanto para a programación ordinaria como para valorar o cumprimento das ACS (segundo o indicado para atención á diversidade).
Pero o que é "anotar" na propia ACS cal é a evolución non está dispoñible, do mesmo xeito que non o está para facer a partir do currículum oficial, posto que a ACS é un "currículum adaptado" para un caso concreto.
Saúdos
Óscar
O teu borrador anterior para un tema está pendente
Si continúas, o teu borrador anterior será descartado.