Estas son as últimas novidades das diferentes aplicacións de recursoseducativos.net, incluída prográmame-UDIS.
Prográmame-udis:
- (Versión LOMLOE): Currículos dispoñibles xa revisados á súa versión oficial. Lembra que só están completos os currículos de Infantil e Primaria, no caso da ESO e Bacharelato son introducidos polos usuarios a medida que os precisan (máis información en info@recursoseducativos.net) 
- (Versión LOMLOE) - Axustados códigos algún dos contidos, no currículum de primaria, para facelos acordes á numeración que figura en PROENS 
- (Versión LOMLOE) - Engadidas primeiras materias na ESO grazas á usuaria Lourdsesotero. Se queres colaborar introducindo algunha materia que precises contacta en info@recusoseducativos.net 
- (Versión LOMLOE) - Solucioando erro polo que non se indicaban co cuadrado de cor, nas UDIS, nod criterios ou contidos marcados por primeira vez. 
- (Versión LOMLOE) - Inclúe no pe de páxina a lista de usuarios que colaboran, introducindo e mantendo o currículum das diferentes materias/áreas en cada etapa. 
- (Versión LOMLOE) - Nos documentos de UDIS, xerados para PROENS de criterios e contidos traballados, aparecen agora separados por bloques de contido, para unha localización máis rápida. 
- (Versión LOMLOE) - Nas UD-UDI cando se escollen contidos, aparecen divididos por bloques, dentro dos que son filtrados a partir dos criterios elixidos na actividade. 
- No apartado de arquivos permite usar nomes de cartafoles ou de arquivos, que iinclúan certos caracteres especiais (tiles, ñ, guidons, barras) e espazos 
APP para iOS, Android e reloxos intelixentes:
(Atualiza á versión 3.1.169 en Google Play ou na App Store):
- Engadia versión para CarPlay (iOS) e Android Auto (Android), onde podes visualizar o teu centro, os centros favoritos e os próximos (nun radio de 5km); tal como os teñas escollidos no apartado “buscador de centros” da APP do teu smartphone. Accede a ela desde o menú máis.
- Engadido no manual de usuario un apartado específico para a versión CarPlay 
 https://www.recursoseducativos.net/Help-Desk/article/13-version-para-carplay-so-iphone#menu
- Engadido no manual de usuario un apartado específico para a versión Android Auto: 
 https://www.recursoseducativos.net/Help-Desk/article/14-version-para-android-auto-so-android#menu
- Engadidos os CFR de Galicia na base de datos que usa o buscador de centros 
- Solucionado erro polo que non se gardaban as anécdotas e reunión do alumnado, nos reloxos intelixentes, en determinadas circunstancias. 
- Permite usar guións (-), espazos e barras (/) nos nomes dos arquivos e cartafoles de ficheiros, no apartado “os meus arquivos” 
- (Versión iOS) Axustes para adaptarse á posición da “Dynamic Island” dos iPhone 14 pro e 14 pro max. 
- (Versión iOS) Axustes para adaptarse a iOS16. 
Consulta o manual de usuario destas aplicacións, no centro de axuda e soporte.
https://www.recursoseducativos.net/Help-Desk/
Podes ver tódolos boletíns publicados, no foro de recursoseducativos net no apartado “Novidades e anuncios”, ou directamente nesta ligazón.
https://www.recursoseducativos.net/foro/index.php?u=/category/news-and-announcements
Para calquera dúbida ou comentario podes empregar o foro (accesible desde o centro de axuda e soporte), ou ben enviar un correo electrónico a info@recursoseducativos.net.
Tamén podes unirte ó grupo de recursoseducativos - prográmame-udis en Telegram, na seguinte ligazón, para manter un contacto directo e deixar as túas dúbidas e suxerencias:
https://t.me/joinchat/2ByMlI3IH9I3YmQ0
