Ola
Antes de nada creo que "como tal" non existen as Adaptacións Curriculares en infantil (senón os plans de flexibilización), alomenos como se interprtan en primaria, en todo caso se orientación e inspección son quenes deberían indicar que "modelo empregar" para ditos plans e quenes saben máis deste tema.
Na aplicación úsase o modelo das ACS adaptado da orde 8/9/2021, que as regulaba para a LOMCE, porque non existe aínda modelo para LOMLOE que eu saiba (de novo desde Orientación e inspección deben indicar que modelo empregar).
Dito isto, se desde orientación/inspección che dixeron que usaras este mdelo, a resposta á túa pregunta é a seguinte: desde a aplicación o que se fai nas ACS é crear a "parte curricular das mesmas", unha vez completado o que comentas, no apartado xerar "borrador de ACS" obterás esa parte curricular en formato odt editable, onde hai que completar outra serie de aspectos ao final de dito documento, entre eles metodoloxía...
Completada esa parte curricular, debe engadirse este documento ao resto da Adaptación curricular, cos diferentes apartados do modelo que establece a orde que a regula
(orde 8/9/2021), a súa elaboración debe estar "dirixida" por parte de Orientación. Nese documento completo da ACS van informes psicopedagóxicos, e outra seríe dos elementos que comentas. Revisa o que di a orde que as regula orde 8/9/2021, para ver o "esquema " de tódolos apartados cos que ten que contar.
En todo caso non teño moi claro se en Infantil o proceso para adaptar o currículum, ao ser unha etapa non obrigatoria, e se lle é de aplicación o indicado na citada orde que che indicaba.
Xa me contarás se respostei á túa pregunta.
Saúdo
Óscar

editado Mar 14 '23 ás 5:09 am