APLICACIÓN PROGRÁMAME-UDIS
GRAO MÍNIMO DOS ESTÁNDARES

Bo día, Oscar:

En primeiro lugar, grazas por prestarnos este programa para recibir axuda e por poder utilizalo de maneira común para elaborar a programación didáctica do noso centro.
Estabamos seguindo o proceso de programación e currículo pero agora mesmo temos unha dúbida: o grao mínimo é necesario que figure nas programacións? Algúns compañeiros e compañeiras opinan que os mínimos son os propios estándares e que non se poden modificar.

Grazas de novo.

Bo día, Oscar: En primeiro lugar, grazas por prestarnos este programa para recibir axuda e por poder utilizalo de maneira común para elaborar a programación didáctica do noso centro. Estabamos seguindo o proceso de programación e currículo pero agora mesmo temos unha dúbida: o grao mínimo é necesario que figure nas programacións? Algúns compañeiros e compañeiras opinan que os mínimos son os propios estándares e que non se poden modificar. Grazas de novo.

Ola

Nas programacións, no esquema que envía inspección, piden para cada estándar un grao mínimo (no punto 4), así pois cada un dos estándares ten que ter un grao mínimo.

O que sucede é que segundo o estándar que sexa:

  • Un grao mínino pode ser o propio estándar tal cual está (por exemplo "conta hasta 99 " o mínimo é o propio estándar, porque non hai lugar a concretar máis).
  • Un grao mínimo pode ser unha nova "redacción" do estándar "acotando" (por exemplo en "Busca e selecciona información... " está redactado de forma ídentica de 1º de primaria ata 6º... ou "lee con fluidez",.. son tal xenéricos que se non se "acota" cada quen pode interpretar unha cousa diferente).

Ten toda a razón dicir que un estándar non se pode cambiar nin eleminar (salvo nas ACIs), pero o que piden e que marques un mínimo para cada estándar, non que o modifiques, senón que o "gradúes" e poñas un "listón por así dicilo".

Se os estándares fosen todos mínimos "tal cual están" non tería sentido que pedisen un mínimo para cada estándar, e de feito o piden.

De feito no modelo de perfil de área do noso centro, e que figura na aplicación para cada estándar incluímos un mínimo (coas dúas opcións que antes indicaba) e ademais cales consideramos como centro "prioritarios sobre os outros".
Tanto a redacción e decisión dos mínimos, como de ser o caso os estándares máis importantes, é unha decisión tomada a nivel centro entre todos, de ahí que os incluamos no perfil de área.

Ola Nas programacións, no esquema que envía inspección, piden para cada estándar un grao mínimo (no punto 4), así pois cada un dos estándares ten que ter un grao mínimo. O que sucede é que segundo o estándar que sexa: - Un grao mínino pode ser o propio estándar tal cual está (por exemplo "conta hasta 99 " o mínimo é o propio estándar, porque non hai lugar a concretar máis). - Un grao mínimo pode ser unha nova "redacción" do estándar "acotando" (por exemplo en "Busca e selecciona información... " está redactado de forma ídentica de 1º de primaria ata 6º... ou "lee con fluidez",.. son tal xenéricos que se non se "acota" cada quen pode interpretar unha cousa diferente). Ten toda a razón dicir que un estándar non se pode cambiar nin eleminar (salvo nas ACIs), pero o que piden e que marques un mínimo para cada estándar, non que o modifiques, senón que o "gradúes" e poñas un "listón por así dicilo". Se os estándares fosen todos mínimos "tal cual están" non tería sentido que pedisen un mínimo para cada estándar, e de feito o piden. De feito no modelo de perfil de área do noso centro, e que figura na aplicación para cada estándar incluímos un mínimo (coas dúas opcións que antes indicaba) e ademais cales consideramos como centro "prioritarios sobre os outros". Tanto a redacción e decisión dos mínimos, como de ser o caso os estándares máis importantes, é unha decisión tomada a nivel centro entre todos, de ahí que os incluamos no perfil de área.

Óscar Abilleira Muñiz - Creador de recursoseducativos.net e PROGRÁMAME | oscarabilleira.com


123
1
1
vista previa
introducir alomenos 10 caracteres
ADVERTENCIA: Mencionaches %MENTIONS%, pero non poden ver esta mensaxe e non se se notificará
Gardando...
Gardado
Con elexido desmarcar temas amosar temas elexidos
Tódolas mensaxes deste tema serán borrado ?
Borrador pendente ... Fai click para reanudar a edición
Descartar borrador