APLICACIÓN PROGRÁMAME-UDIS
PROGRAMACIÓN

Boas tardes! Coma sempre, estou iniciando a programación de este curso coa túa fabulosa aplicación. O caso é que este ano en Naturais e Sociais establecemos un criterio de reparto diferente: por exemplo, en vez de dar os animais en 3º e en 4º, pois os xuntamos e acordamos afondar máis pero dalo só un curso e así con varios temas. Polo tanto, nas ciencias teño que coller estándares tanto de 3º como de 4º. A miña pregunta é se a aplicación permite que o faga?
Moitas gracias por compartir e axudar!!

Boas tardes! Coma sempre, estou iniciando a programación de este curso coa túa fabulosa aplicación. O caso é que este ano en Naturais e Sociais establecemos un criterio de reparto diferente: por exemplo, en vez de dar os animais en 3º e en 4º, pois os xuntamos e acordamos afondar máis pero dalo só un curso e así con varios temas. Polo tanto, nas ciencias teño que coller estándares tanto de 3º como de 4º. A miña pregunta é se a aplicación permite que o faga? Moitas gracias por compartir e axudar!!

Ola

Técnicamente hai que traballar tódolos estándares do currículum de cada nivel, aínda que nuns se afonde máis que noutros smile, así que sendo “estrictamente precisos” de cara á programación oficial a enviar a inspección (logo o que a nivel interno se poida facer é outra cousa) ides ter que enviar tódolos estándares do nivel, vamos que non podes dicir que en 4º traballas algúns estándares (e deixas outros) e traballar outros de 3º, porque a van a tirar para atrás seguro.

Para poder reflectir o que acordástedes, tedes que poder “vendelo”como que afondades nalgún aspecto en 3º e que en 4º se da “con menos profundidade”, pero non podedes quitar estándares dun lado e poñelos noutros, sobre todo nun documento oficial como é a programación.... outra cousa é que nos estándares dun área de 4º se indique dalgún xeito que estándares son prioritarios (eses que acordástedes traballar nese nivel) e en 4º o mesmo, pero terán sempre que estar tódolos estándares da área e nivel.

Por esa razón, e despois de esto que contei que é a miña interpretación, a aplicación non permite facelo. Outra cousa sería que inspección autorizase ese cambio de currículum que permitise mover estándares de nivel.

Non sei se me expliquei hehe

Ola Técnicamente hai que traballar tódolos estándares do currículum de cada nivel, aínda que nuns se afonde máis que noutros (wasntme), así que sendo “estrictamente precisos” de cara á programación oficial a enviar a inspección (logo o que a nivel interno se poida facer é outra cousa) ides ter que enviar tódolos estándares do nivel, vamos que non podes dicir que en 4º traballas algúns estándares (e deixas outros) e traballar outros de 3º, porque a van a tirar para atrás seguro. Para poder reflectir o que acordástedes, tedes que poder “vendelo”como que afondades nalgún aspecto en 3º e que en 4º se da “con menos profundidade”, pero non podedes quitar estándares dun lado e poñelos noutros, sobre todo nun documento oficial como é a programación.... outra cousa é que nos estándares dun área de 4º se indique dalgún xeito que estándares son prioritarios (eses que acordástedes traballar nese nivel) e en 4º o mesmo, pero terán sempre que estar tódolos estándares da área e nivel. Por esa razón, e despois de esto que contei que é a miña interpretación, a aplicación non permite facelo. Outra cousa sería que inspección autorizase ese cambio de currículum que permitise mover estándares de nivel. Non sei se me expliquei hehe

Óscar Abilleira Muñiz - Creador de recursoseducativos.net e PROGRÁMAME | oscarabilleira.com


Boas tardes, Óscar! Volvo co tema anterior. A programación para engadir estándares de 3º en 4º e ao revés está aprobada. É posible facer algún cambio rápido para poder collelos ou sería un engorro? Só é na aŕea de naturais e de sociais. Perdoa que insista, pero é que teño que mirar de resolver o engadido de eses estándares e a supresión doutro. Senon teño que facela sen a aplicación e estou tan leda con ela... que é unha mágoa.
Xa me dirás é moitas gracias por todo o tempo que adicas a facilitarnos o traballo. Noraboa!!

Boas tardes, Óscar! Volvo co tema anterior. A programación para engadir estándares de 3º en 4º e ao revés está aprobada. É posible facer algún cambio rápido para poder collelos ou sería un engorro? Só é na aŕea de naturais e de sociais. Perdoa que insista, pero é que teño que mirar de resolver o engadido de eses estándares e a supresión doutro. Senon teño que facela sen a aplicación e estou tan leda con ela... que é unha mágoa. Xa me dirás é moitas gracias por todo o tempo que adicas a facilitarnos o traballo. Noraboa!!

Ola novamente

Facer ese cambio que plantexas que sería para un caso tan concreto, e pouco habitual, implicaría reconstruír por completo o programa xa que non foi pensada para “escoller” estándares de diferentes niveis na parte de programación (que ven derivada do perfil de área e competencial que se faga) agás na parte de UDIS.

O que podedes facer e “sinalar dalgún modo no mínimo os estándares que ides intercambiar” e logo xerar os documentos en odt de 3º e 4º de xeito que só sexa cambiar esas filas da táboa, pero na aplicación aparecerían dentro do nivel correspondente.

Para poder facer o que propós habería que permitir calquera tipo de combinación entre cursos e áreas, e sería extremadamente complexo de construír a partir de como está agora feito, onde cada estándar está por así dicilo “anclado” na base de datos ó seu nivel.

Por certo é primeiro caso que se autoriza tal cousa, de feito nin nas ACI se deixa coller estándares doutro nivel inferior smile

Ola novamente Facer ese cambio que plantexas que sería para un caso tan concreto, e pouco habitual, implicaría reconstruír por completo o programa xa que non foi pensada para “escoller” estándares de diferentes niveis na parte de programación (que ven derivada do perfil de área e competencial que se faga) agás na parte de UDIS. O que podedes facer e “sinalar dalgún modo no mínimo os estándares que ides intercambiar” e logo xerar os documentos en odt de 3º e 4º de xeito que só sexa cambiar esas filas da táboa, pero na aplicación aparecerían dentro do nivel correspondente. Para poder facer o que propós habería que permitir calquera tipo de combinación entre cursos e áreas, e sería extremadamente complexo de construír a partir de como está agora feito, onde cada estándar está por así dicilo “anclado” na base de datos ó seu nivel. Por certo é primeiro caso que se autoriza tal cousa, de feito nin nas ACI se deixa coller estándares doutro nivel inferior (wasntme)

Óscar Abilleira Muñiz - Creador de recursoseducativos.net e PROGRÁMAME | oscarabilleira.com


Moitas gracias Óscar!!! Comprendo perfectamente que é algo complexo e particular. Mirarei de facer como me dis.
Gracias por todo o teu traballo!!

Moitas gracias Óscar!!! Comprendo perfectamente que é algo complexo e particular. Mirarei de facer como me dis. Gracias por todo o teu traballo!!

110
5
2
vista previa
introducir alomenos 10 caracteres
ADVERTENCIA: Mencionaches %MENTIONS%, pero non poden ver esta mensaxe e non se se notificará
Gardando...
Gardado
Con elexido desmarcar temas amosar temas elexidos
Tódolas mensaxes deste tema serán borrado ?
Borrador pendente ... Fai click para reanudar a edición
Descartar borrador