NOVIDADES E ANUNCIOS
Novidades en prográmame e recursoseducativos.net do 30 de setembro de 2018

O comezo de curso chega cargado de novidades en recursoseducativos.net e programame-udis.

PROGRÁMAME-UDIS:

  • Engadida sub-lapela “estrutura” dentro do apartado UDIS: nela podes crear de forma gráfica a estrutura da tarefa: produto final, actividades e exercicios, movéndoos de lugar se o precisas tan só arrastrándoas, incluso a outras actividades ou productos finais. Este novo sistema é compatible co funcionamento tradicional, xa que logo nos correspondentes apartados haberá que introducir os elementos curriculares. Deste xeito podes comezar a traballar directamente na aplicación sen ter que crear un esquema borrador previo, xa que podes facelo no apartado estrutura.
    5bb073a3c1544.png

  • No apartado UDIS, cambiouse o nome da sub-lapela “as miñas udis” por “lista udis”, así como as dinámicas polas que estas van aparecendo para facelas máis intruitivas.

  • Solucionado erro polo que ó copiar UDIS en Educación Infantil podían aparecer cartafoles propios pero doutras concrecións curriculares.
  • No Diario de clase solucionado o erro polo que cando se copiaba un exercicio/actividade, dentro dunha semana marcada como plantilla, este non se copiaba marcado como plantilla.
  • No Diario de clase cando se “engade un exercicio/actividade desde UDIS” agora podes “buscar” entre as túas UDIS. Se ben non seria o máis lóxico tamén poderás buscar entre as incluídas noutros cartafoles e incluso noutras etapas (neste caso, obviamente, só se copiará a estructura pero non os elementos curriculares) 5bb075be403d7.png
  • Engadida nova lista de control (no apartado programación, chamada “instrumentos agrupados (ata6)", que amosa nunha táboa a lista de alumnos/as dun grupo, cos instrumentos que se teñan agrupados na aplicación ata 6 por temas de espazo.
  • Publicada actualización da APP a versión 1.9.3 só para Android que inclúe solución temporal para os dispositivos, con Android 8.x.x (Oreo) nos que non arrancaba unha vez instalada (dita solución consiste en eliminar a imaxe co logotipo que aparece durante a carga da mesma, que voltará cando se solucione a incompatibilidade con dito sistemas) -Actualizado o manual en pdf así como os vídeos de youtube con estes cambios.

OUTRAS APLICACIÓNS DE RECURSOSEDUCATIVOS.NET:

  • Cambiado o lector de códigos QR feito en flash por unha nova versión html5, moito máis rápida e compatible coas novas versións dos navegadores. Aplicable en “o meu calendario” e “a miña biblioteca”. Mantense un acceso chamado “usar versión flash” que permite cargar o anterior sistema, se se desexa ou se ben o navegador, non está actualizado para ser compatible con html5 (nese caso sempre é importante actualizar o navegador á última versión)
  • Solucionado erro na xeración da Axenda escolar en pdf (lembra que na app tes unha axenda de anotacións online que permite escribir a man alzada, por exemplo co Apple pencil nos ipad compatibles) - Calendario aula: podes redimensionar o tamaño da ventá onde aparecen os alumnos/as para marcar as faltas, redimensionando tamén o seu tamaño para facilitar a visualización das memas se é preciso. Tamén podes mover calquera das ventás emerxentes arrastrándoas de lugar na pantalla.
  • Calendario de aula: as caxias (ventás) emerxentes aparecen sempre dentro da área do calendario, sen saír polos laterais (especialmente deseñado para o seu uso en EDI (PDI) con relación de imaxe 4:3.
  • Calendario de aula: engadidas novas iconas para poder engadir como símbolos nos días.

Ten en conta que só recibirán este boletín por correo aquelas persoas que teñan marcada dita opción no no seu perfil de usuario .

Lembra que podes facerme chegar as túas suxerencias, dúbidas ou problemas a info@recursoseducativos.net ou ben no foro.

Consulta os boletíns enviados con anterioridade no foro na seguinte ligazón:
https://www.recursoseducativos.net/foro/index.php?u=/category/novidades-e-anuncios

Saúdos
Óscar

O comezo de curso chega cargado de novidades en recursoseducativos.net e programame-udis. **PROGRÁMAME-UDIS:** - Engadida sub-lapela “estrutura” dentro do **apartado UDIS**: nela podes crear de forma gráfica a estrutura da tarefa: produto final, actividades e exercicios, movéndoos de lugar se o precisas tan só arrastrándoas, incluso a outras actividades ou productos finais. Este novo sistema é compatible co funcionamento tradicional, xa que logo nos correspondentes apartados haberá que introducir os elementos curriculares. Deste xeito podes comezar a traballar directamente na aplicación** sen ter que crear un esquema borrador previo,** xa que podes facelo no apartado estrutura. ![5bb073a3c1544.png](serve/attachment&path=5bb073a3c1544.png) - No apartado UDIS, cambiouse o nome da sub-lapela “as miñas udis” por “lista udis”, así como as dinámicas polas que estas van aparecendo para facelas máis intruitivas. - Solucionado erro polo que ó copiar UDIS en Educación Infantil podían aparecer cartafoles propios pero doutras concrecións curriculares. - No **Diario de clase** solucionado o erro polo que cando se copiaba un exercicio/actividade, dentro dunha semana marcada como plantilla, este non se copiaba marcado como plantilla. - No Diario de clase cando se “engade un exercicio/actividade desde UDIS” agora podes “buscar” entre as túas UDIS. Se ben non seria o máis lóxico tamén poderás buscar entre as incluídas noutros cartafoles e incluso noutras etapas (neste caso, obviamente, só se copiará a estructura pero non os elementos curriculares) ![5bb075be403d7.png](serve/attachment&path=5bb075be403d7.png) - Engadida ** nova lista de control (no apartado programación, chamada “instrumentos agrupados (ata6)"**, que amosa nunha táboa a lista de alumnos/as dun grupo, cos instrumentos que se teñan agrupados na aplicación ata 6 por temas de espazo. - Publicada actualización da** APP a versión 1.9.3 só para Android** que inclúe solución temporal para os dispositivos, con Android 8.x.x (Oreo) nos que non arrancaba unha vez instalada (dita solución consiste en eliminar a imaxe co logotipo que aparece durante a carga da mesma, que voltará cando se solucione a incompatibilidade con dito sistemas) -Actualizado o manual en pdf así como os vídeos de youtube con estes cambios. **OUTRAS APLICACIÓNS DE RECURSOSEDUCATIVOS.NET:** - Cambiado o** lector de códigos QR** feito en flash por unha nova versión **html5**, moito máis rápida e compatible coas novas versións dos navegadores. Aplicable en “o meu calendario” e “a miña biblioteca”. Mantense un acceso chamado “usar versión flash” que permite cargar o anterior sistema, se se desexa ou se ben o navegador, non está actualizado para ser compatible con html5 (nese caso sempre é importante actualizar o navegador á última versión) - Solucionado erro na xeración da Axenda escolar en pdf (lembra que na app tes unha axenda de anotacións online que permite escribir a man alzada, por exemplo co Apple pencil nos ipad compatibles) -** Calendario aula**: podes redimensionar o **tamaño da ventá** onde aparecen os alumnos/as para marcar as faltas, redimensionando tamén o seu tamaño para facilitar a visualización das memas se é preciso. Tamén podes **mover** calquera das ventás emerxentes arrastrándoas de lugar na pantalla. - Calendario de aula: as caxias (ventás) emerxentes aparecen sempre dentro da área do calendario, sen saír polos laterais (especialmente deseñado para o seu uso en EDI (PDI) con relación de imaxe 4:3. - Calendario de aula: engadidas **novas iconas** para poder engadir como símbolos nos días. Ten en conta que só recibirán este boletín por correo aquelas persoas que teñan marcada dita opción no no seu perfil de usuario . Lembra que podes facerme chegar as túas suxerencias, dúbidas ou problemas a info@recursoseducativos.net ou ben no foro. Consulta os boletíns enviados con anterioridade no foro na seguinte ligazón: https://www.recursoseducativos.net/foro/index.php?u=/category/novidades-e-anuncios Saúdos Óscar

Óscar Abilleira Muñiz - Creador de recursoseducativos.net e PROGRÁMAME | oscarabilleira.com


23
0
1
vista previa
introducir alomenos 10 caracteres
ADVERTENCIA: Mencionaches %MENTIONS%, pero non poden ver esta mensaxe e non se se notificará
Gardando...
Gardado
Con elexido desmarcar temas amosar temas elexidos
Tódolas mensaxes deste tema serán borrado ?
Borrador pendente ... Fai click para reanudar a edición
Descartar borrador