APP PARA SMARTPHONES
Dúas preguntas sobre a app [solucionado]
APP

Boas de novo, Óscar.
Algunhas cuestións sobre a aplicación (Android):

  • non me van os grupos de bacharelato correctamente. Entro no cartafol de Bacharelato, na PD correspondente, pero non carga os datos dos grupos (aduce que non hai servidor...). Se entro no cartafol de ESO si carga todos os meus grupos, os de bacharelato tamén, pero nese caso non le os datos engadidos a este (notas, por exemplo)
  • hai maneira de que o sistema envíe algún aviso no móbil do que se incluiu no calendario (unha notificación)?
Boas de novo, Óscar. Algunhas cuestións sobre a aplicación (Android): - non me van os grupos de bacharelato correctamente. Entro no cartafol de Bacharelato, na PD correspondente, pero non carga os datos dos grupos (aduce que non hai servidor...). Se entro no cartafol de ESO si carga todos os meus grupos, os de bacharelato tamén, pero nese caso non le os datos engadidos a este (notas, por exemplo) - hai maneira de que o sistema envíe algún aviso no móbil do que se incluiu no calendario (unha notificación)?
editado Oct 17 ás 7:01 am

Ola Damian

Efectivamente había un erro coa etapa de Bacharelato, xa está solucionado e cargan sen problemas.

Por certo como vexo que tes cartafoles “sen nome”, por se queres saber como borralos, ou se lle pode servir a outra persoa, tan só tes que poñerlles como nome “borrar” e xa se borrarán. (Ven no manual

hai maneira de que o sistema envíe algún aviso no móbil do que se incluiu no calendario (unha notificación)?

Entendo que te refires ó calendario de “anotación”, se te fixas non se inclúe en cada anotación ningunha hora, polo que non se sabe “cando enviar o aviso”, de todos modos non foi pensado como un “calendario tipo axenda”, porque o que inclúe o smartphone es cen mil veces mellor e máis potente 😉

De todos modos se fas unha proposta de como “te imaxinas que debería funcionar” (por exemplo en que caso sería interesante recibir un aviso desa anotación) podo pensar como facelo.

Grazas polos comentarios

Ola Damian Efectivamente había un erro coa etapa de Bacharelato, xa está solucionado e cargan sen problemas. Por certo como vexo que tes cartafoles “sen nome”, por se queres saber como borralos, ou se lle pode servir a outra persoa, tan só tes que poñerlles como nome “borrar” e xa se borrarán. (Ven no manual > hai maneira de que o sistema envíe algún aviso no móbil do que se incluiu no calendario (unha notificación)? Entendo que te refires ó calendario de “anotación”, se te fixas non se inclúe en cada anotación ningunha hora, polo que non se sabe “cando enviar o aviso”, de todos modos non foi pensado como un “calendario tipo axenda”, porque o que inclúe o smartphone es cen mil veces mellor e máis potente

Óscar Abilleira Muñiz - Creador de recursoseducativos.net e PROGRÁMAME | oscarabilleira.com

editado Oct 15 ás 11:35 pm

Grazas outra vez, Óscar. Efectivamente, outra pregunta que tiña era como borrar os cartafoles, co cal xa te adiantaches (gracias).
Os grupos de bacharelato xa cargan perfectamente.
Saúdos!

Grazas outra vez, Óscar. Efectivamente, outra pregunta que tiña era como borrar os cartafoles, co cal xa te adiantaches (gracias). Os grupos de bacharelato xa cargan perfectamente. Saúdos!

Ola novamente

Seguindo a túa suxerencia, na nova versión da APP que xa está na Play Store e na App Store, engadín a opción de crear “citas” na axenda (círculo vermello) e poder recibir avisos da mesma cunha notificación (marcando ou desmarcando a campañiña - frecha)

Pode controlarse la antelación do aviso (na mesma hora ou x minutos antes) no apartado configuración da app

5bd57c84b0614.png

Ola novamente Seguindo a túa suxerencia, na nova versión da APP que xa está na Play Store e na App Store, engadín a opción de crear “citas” na axenda (círculo vermello) e poder recibir avisos da mesma cunha notificación (marcando ou desmarcando a campañiña - frecha) Pode controlarse la antelación do aviso (na mesma hora ou x minutos antes) no apartado configuración da app ![5bd57c84b0614.png](serve/attachment&path=5bd57c84b0614.png)

Óscar Abilleira Muñiz - Creador de recursoseducativos.net e PROGRÁMAME | oscarabilleira.com


Boas, Óscar.
Non podo máis que quitar o sombreiro. Gracias por esta actualización. Para min é moi útil, ao apuntar citas de pais ou datas de exames, e así ter todo unificado.
Entendo que teño que facer un aviso para o día anterior do asunto que estea sinalando, ¿non?
O dito, déixasme abraiado. É un luxo contar con xente así.

Boas, Óscar. Non podo máis que quitar o sombreiro. Gracias por esta actualización. Para min é moi útil, ao apuntar citas de pais ou datas de exames, e así ter todo unificado. Entendo que teño que facer un aviso para o día anterior do asunto que estea sinalando, ¿non? O dito, déixasme abraiado. É un luxo contar con xente así.

Grazas polos comentarios, e pola idea smile

Tes que poñer o aviso para cando sexa realmente.

Supoñamos que tes unha cita cun pai/nai o “4 de maio de 2018 ás 16:15”...
1 - Buscas no calendario da axenda o 4 de maio.
2 - Premes na campá e aparecerá debaixo o espazo para escribir a cita, aparecerá a opción de escoller a hora
3.- preme duas veces debaixo da “data e da hora que escolleches" e escribe o texto (o mesmo para editalo)
4.-podes cambiar a data e hora premendo sobre elas. Deste xeito non só podes cambiar a hora senón tamén o día.
5- marca a campa que terás ó lado da cita para que se “coloree” de azul se queres recibir un aviso, se a deixas desmarcada non o recibirás.

Por defecto os avisos se reciben o mesmo día e á mesma hora da cita, neste caso o 4 de maio ás 16:15, pero se queres que che avise “tamén” antes (por exemplo media hora antes), vas a configuración (na primeira páxina da aplicación onde están os cartafoles no icono das ferramentas” e alí dentro poderás escoller cando queres que che avise. Deste xeito recibirás, un aviso por exemplo 30 minutos antes da cita e outro na hora da propia cita.

Podes repetir o proceso tantas veces como queiras no mesmo día ou en días distintos.

Entendo que teño que facer un aviso para o día anterior do asunto que estea sinalando, ¿non?

Non acabo de entender porque facelo “o día anterior”, podes facelo para o mesmo día e á hoa da cita (que é o que ten máis sentido 😉) e poñer que che avise ata unha hora antes. Se o que queres é que che avise tamén o día anterior ou “máis tempo antes do 60 minutos”, pois si deberías crear outro aviso adicional 😉

Por certo os avisos aparecen, das citas marcada coa campá coloreada de azul, co móvil incluso coa pantalla apagada ou a app pechada, vamos que funciona como un calendario de toda a vida smile

Grazas polos comentarios, e pola idea ;) Tes que poñer o aviso para cando sexa realmente. Supoñamos que tes unha cita cun pai/nai o “4 de maio de 2018 ás 16:15”... 1 - Buscas no calendario da axenda o 4 de maio. 2 - Premes na campá e aparecerá debaixo o espazo para escribir a cita, aparecerá a opción de escoller a hora 3.- preme duas veces debaixo da “data e da hora que escolleches" e escribe o texto (o mesmo para editalo) 4.-podes cambiar a data e hora premendo sobre elas. Deste xeito non só podes cambiar a hora senón tamén o día. 5- marca a campa que terás ó lado da cita para que se “coloree” de azul se queres recibir un aviso, se a deixas desmarcada non o recibirás. Por defecto os avisos se reciben o mesmo día e á mesma hora da cita, neste caso o 4 de maio ás 16:15, pero se queres que che avise “tamén” antes (por exemplo media hora antes), vas a configuración (na primeira páxina da aplicación onde están os cartafoles no icono das ferramentas” e alí dentro poderás escoller cando queres que che avise. Deste xeito recibirás, un aviso por exemplo 30 minutos antes da cita e outro na hora da propia cita. Podes repetir o proceso tantas veces como queiras no mesmo día ou en días distintos. ```` Entendo que teño que facer un aviso para o día anterior do asunto que estea sinalando, ¿non? ```` Non acabo de entender porque facelo “o día anterior”, podes facelo para o mesmo día e á hoa da cita (que é o que ten máis sentido

Óscar Abilleira Muñiz - Creador de recursoseducativos.net e PROGRÁMAME | oscarabilleira.com


Unha vez máis, moitas grazas, Óscar.
Que saibas que non fago máis que facer publicidade entre os compañeiros das bondades de Prográmame.
Saúdos!

Unha vez máis, moitas grazas, Óscar. Que saibas que non fago máis que facer publicidade entre os compañeiros das bondades de Prográmame. Saúdos!

He he he, grazas a ti polas suxerencias.

He he he, grazas a ti polas suxerencias.

Óscar Abilleira Muñiz - Creador de recursoseducativos.net e PROGRÁMAME | oscarabilleira.com


Pois, xa postos, unha pregunta máis. Vexo que na antelación que podemos dar aos avisos hai un máximo de 60 minutos. Isto poderíase ampliar? Ata un ou dous días, refírome?
Verás, eu agora uso a app como compendio da información esencial do instituto que quero ter á miña disposición de xeito inmediato. Pois ben, os que somos algo despistados ás veces esquecemos algunha cousa (algunha cita, etc.). Se o aviso me aparece o día anterior, ou máis incluso, tería unha boa marxe de manobra, non sei se me explico...
En todo caso, desculpa se estou a ser un pouco pedichón...
E mil grazas, coma sempre.

Pois, xa postos, unha pregunta máis. Vexo que na antelación que podemos dar aos avisos hai un máximo de 60 minutos. Isto poderíase ampliar? Ata un ou dous días, refírome? Verás, eu agora uso a app como compendio da información esencial do instituto que quero ter á miña disposición de xeito inmediato. Pois ben, os que somos algo despistados ás veces esquecemos algunha cousa (algunha cita, etc.). Se o aviso me aparece o día anterior, ou máis incluso, tería unha boa marxe de manobra, non sei se me explico... En todo caso, desculpa se estou a ser un pouco pedichón... E mil grazas, coma sempre.

Ola de novo

Xa está dispoñible unha nova versión (1.9.7) da app que inclúe no rango temporal 5 horas, 1 día e dous días para os avisos.

Aproveitei tamén para indicar debaixo de cada “campaniña” dos avisos o rango horario que se teña escollido.

En Android xa está en google play, e para os dispositivos ios estará dispoñible nun par de días, xa está enviada pero tardan ese tempo en revisala e publicala.

Aproveito para dicir que para borrar unha cita... tan só hai que gardar o contido da mesma en branco e desaparecerá.smile

Grazas pola suxerencia.

Ola de novo Xa está dispoñible unha nova versión (1.9.7) da app que inclúe no rango temporal 5 horas, 1 día e dous días para os avisos. Aproveitei tamén para indicar debaixo de cada “campaniña” dos avisos o rango horario que se teña escollido. En Android xa está en google play, e para os dispositivos ios estará dispoñible nun par de días, xa está enviada pero tardan ese tempo en revisala e publicala. Aproveito para dicir que para borrar unha cita... tan só hai que gardar o contido da mesma en branco e desaparecerá.]:) Grazas pola suxerencia.

Óscar Abilleira Muñiz - Creador de recursoseducativos.net e PROGRÁMAME | oscarabilleira.com


Óscar, non sei que dicir. Xa estaba máis que agradecido, pero agora déixasme sen palabras...
Grazas... outra vez máis! Xa a acabo de actualizar. Que luxo!

Óscar, non sei que dicir. Xa estaba máis que agradecido, pero agora déixasme sen palabras... Grazas... outra vez máis! Xa a acabo de actualizar. Que luxo!

Tras uns días usándoa acabo de engadir un novo cambio (versión 1.9.8 xa dispoñible).

O tempo de aviso para cada “cita” márcase agora para cada unha delas de forma independiente (desaparece a opción desde configuración), deste xeito pode indicarse un “tempo previo de aviso” diferente para cada un deles.

Creo que tiña máis sentido que poñer un “rango común”.

A ver que che parece smile

Tras uns días usándoa acabo de engadir un novo cambio (versión 1.9.8 xa dispoñible). O tempo de aviso para cada “cita” márcase agora para cada unha delas de forma independiente (desaparece a opción desde configuración), deste xeito pode indicarse un “tempo previo de aviso” diferente para cada un deles. Creo que tiña máis sentido que poñer un “rango común”. A ver que che parece ;)

Óscar Abilleira Muñiz - Creador de recursoseducativos.net e PROGRÁMAME | oscarabilleira.com


Bueno, Óscar, xa só che faltaba adiantarte ós meus desexos.
Efectivamente, usar un rango distinto para cada aviso é moi útil.
Acabo de descargar a versión. Sinceiramente, ó ter todo a información necesaria do instituto incorporada á aplicación, o calendario éme moito máis útil que calquera outro.
Unha aperta e, unha vez máis, grazas!

Bueno, Óscar, xa só che faltaba adiantarte ós meus desexos. Efectivamente, usar un rango distinto para cada aviso é moi útil. Acabo de descargar a versión. Sinceiramente, ó ter todo a información necesaria do instituto incorporada á aplicación, o calendario éme moito máis útil que calquera outro. Unha aperta e, unha vez máis, grazas!

126
13
2
vista previa
introducir alomenos 10 caracteres
ADVERTENCIA: Mencionaches %MENTIONS%, pero non poden ver esta mensaxe e non se se notificará
Gardando...
Gardado
Con elexido desmarcar temas amosar temas elexidos
Tódolas mensaxes deste tema serán borrado ?
Borrador pendente ... Fai click para reanudar a edición
Descartar borrador