NOVIDADES E ANUNCIOS
Novidades en prográmame e recursoseducativos.net do 31 de decembro de 2018

Estas son as novidades e melloras introducidas en prográmame-udis nas últimas semanas:
Alumnado e grupos:

  • No apartado xestión do alumnado engadiuse o campo "nome completo” e reemprazouse o anterior campo nome por “nome sinxelo”. O nome sinxelo é o que emprega no calendario online, mentras que o campo "nome completo” é o empregado na aplicación prográmame para xerar informes, etc...
    Os valores existentes ata o momento no anterior “campo nome”, pasan a ser considerados "nome completo”. Pola súa banda, no calendario online en caso de non existir un nome sinxelo usará o valor existente en "nome completo”

Programación e currículo

  • No apartado cualificar áreas e competencias inclúese a título informativo a etiqueta de cada alumno/a, no caso de ter sido introducida.
  • No apartado de cualificar áreas inclúese a opción de ver o resultado do seguimento das UDIS do cartafol, amosando os estándares agrupados por cada instrumento e o resultado do seguimento (só para listas de control, rúbricas e rexistro anecdótico). Para elo só hai que premer a icona do “ollo” que aparecerá xunto o instrumento.

ACS: Adpatacións curriculares significativas

  • Ó xerar unha ACS podes escoller a opción de non incluír os marcados como suprimidos, este documento está pensado só para uso persoal, e non como documento oficial no que debería aparecer o estándar suprimido.
  • No modelo completo, cando se escolle a opción de non amosar os suprimidos, se se marcou un criterio de avaliación como suprimido, por lóxica, non se amosa ningún dos elementos que conteña (contidos e estándares)

Xerador de documentos

  • Engadido un aviso cando non se escolle un área nos diferentes documentos, impedindo a xeración do mesmo. Deste xeito evítase a confusión que se produce ó obterse un documento en branco.

Chat e avisos do foro

  • Solucionado problema co chat de usuarios activos no cartafol polo que non se amosaban todos os dispoñibles, cando eran un número moi elevado.
  • Engadiuse un novo sistema de aviso de mensaxes recibidos nos chats, que se suma ó sistema de aviso existente ata este momento.
  • Engadiuse un sistema de avisos das mensaxes privadas recibidas no foro, desde a propia aplicación sen ter que entrar no foro para recibir o aviso.

E ademais...

  • Incluíronse melloras adicionais de seguridade interna así como de estabilidade da plataforma en xeral.

Ten en conta que só recibirán este boletín por correo aquelas persoas que teñan marcada dita opción no no seu perfil de usuario .

Lembra que podes facerme chegar as túas suxerencias, dúbidas ou problemas a info@recursoseducativos.net ou ben no foro.

Consulta os boletíns enviados con anterioridade no foro na seguinte ligazón:
https://www.recursoseducativos.net/foro/index.php?u=/category/novidades-e-anuncios

Saúdos
Óscar

PD: Aproveito para desexarvos un moi bo ano 2019 a todos e todas smile

Estas son as novidades e melloras introducidas en prográmame-udis nas últimas semanas: **Alumnado e grupos:** - No apartado xestión do alumnado engadiuse o campo "nome completo” e reemprazouse o anterior campo nome por “nome sinxelo”. O nome sinxelo é o que emprega no calendario online, mentras que o campo "nome completo” é o empregado na aplicación prográmame para xerar informes, etc... Os valores existentes ata o momento no anterior “campo nome”, pasan a ser considerados "nome completo”. Pola súa banda, no calendario online en caso de non existir un nome sinxelo usará o valor existente en "nome completo” **Programación e currículo** - No apartado cualificar áreas e competencias inclúese a título informativo a etiqueta de cada alumno/a, no caso de ter sido introducida. - No apartado de cualificar áreas inclúese a opción de ver o resultado do seguimento das UDIS do cartafol, amosando os estándares agrupados por cada instrumento e o resultado do seguimento (só para listas de control, rúbricas e rexistro anecdótico). Para elo só hai que premer a icona do “ollo” que aparecerá xunto o instrumento. **ACS: Adpatacións curriculares significativas** - Ó xerar unha ACS podes escoller a opción de non incluír os marcados como suprimidos, este documento está pensado só para uso persoal, e non como documento oficial no que debería aparecer o estándar suprimido. - No modelo completo, cando se escolle a opción de non amosar os suprimidos, se se marcou un criterio de avaliación como suprimido, por lóxica, non se amosa ningún dos elementos que conteña (contidos e estándares) **Xerador de documentos** - Engadido un aviso cando non se escolle un área nos diferentes documentos, impedindo a xeración do mesmo. Deste xeito evítase a confusión que se produce ó obterse un documento en branco. **Chat e avisos do foro** - Solucionado problema co chat de usuarios activos no cartafol polo que non se amosaban todos os dispoñibles, cando eran un número moi elevado. - Engadiuse un novo sistema de aviso de mensaxes recibidos nos chats, que se suma ó sistema de aviso existente ata este momento. - Engadiuse un sistema de avisos das mensaxes privadas recibidas no foro, desde a propia aplicación sen ter que entrar no foro para recibir o aviso. **E ademais...** - Incluíronse melloras adicionais de seguridade interna así como de estabilidade da plataforma en xeral. Ten en conta que só recibirán este boletín por correo aquelas persoas que teñan marcada dita opción no no seu perfil de usuario . Lembra que podes facerme chegar as túas suxerencias, dúbidas ou problemas a info@recursoseducativos.net ou ben no foro. Consulta os boletíns enviados con anterioridade no foro na seguinte ligazón: https://www.recursoseducativos.net/foro/index.php?u=/category/novidades-e-anuncios Saúdos Óscar PD: Aproveito para desexarvos un moi bo ano 2019 a todos e todas (wasntme)

Óscar Abilleira Muñiz - Creador de recursoseducativos.net e PROGRÁMAME | oscarabilleira.com


28
0
1
vista previa
introducir alomenos 10 caracteres
ADVERTENCIA: Mencionaches %MENTIONS%, pero non poden ver esta mensaxe e non se se notificará
Gardando...
Gardado
Con elexido desmarcar temas amosar temas elexidos
Tódolas mensaxes deste tema serán borrado ?
Borrador pendente ... Fai click para reanudar a edición
Descartar borrador