XESTIÓN DO CURRÍCULUM
ACS, XERAR

Antes de nada agradecerlle este estupendo recurso educativo e a súa xenerosidade por compartilo.

A miña dúbida é relacionada coa elaboración das ACS, estou elaborando unha ACS de Matemáticas e cando quero xenerar o documento aparénceme o estándar, criterio e contido MA.B1-1 ao final do apartado 1 e os contidos tamén aparecen desordenados MA.B1.2 aparece despois de MA.B. 1.3 e así en varias ocasións. Non se corresponden os números dos criterios cos números dos contidos e dos estándares. Non sei que podo estar facendo mal.

Outra dúbida que teño é se hai algunha maneira de incluír nunha ACS de Secundaria, estándares, contidos e criterios de cursos de Primaria.

Moitas gracias.

Antes de nada agradecerlle este estupendo recurso educativo e a súa xenerosidade por compartilo. A miña dúbida é relacionada coa elaboración das ACS, estou elaborando unha ACS de Matemáticas e cando quero xenerar o documento aparénceme o estándar, criterio e contido MA.B1-1 ao final do apartado 1 e os contidos tamén aparecen desordenados MA.B1.2 aparece despois de MA.B. 1.3 e así en varias ocasións. Non se corresponden os números dos criterios cos números dos contidos e dos estándares. Non sei que podo estar facendo mal. Outra dúbida que teño é se hai algunha maneira de incluír nunha ACS de Secundaria, estándares, contidos e criterios de cursos de Primaria. Moitas gracias.

Ola María

Antes de nada grazas polos comentarios.
Efectivamente había un erro na ordenación dos elementos das ACS completas (non así na de só estándares), xa está solucionado e deberían aparecer ben ordenados.

Non se corresponden os números dos criterios cos números dos contidos e dos estándares. Non sei que podo estar facendo mal.

O currículum de ESO e Bacharelato, a diferencia do de primaria e infantil que metín eu, foi introducido por docentes que o foron necesitando, polo que non están revisados. Se ves que no currículum oficial (do portal de Consellería) aparece un elemento cun código que non se corresponde co que aparece na aplicación indícamo para poder ir solucionado eses pequenos erros que se lles colou á persoa que os introduciu.

Ten en conta, en todo caso, que se ben os códigos dos estándares si ten que corresponder cos dos estándares, nos contidos no curriculum oficial, non é raro ver os mesmos contidos co mesmo código en diferentes criterios. Vamos que a numeración dos contidos non vai sempre en relación ós códigos dos criterios.

O dito, revisa se aparecen diferentes no currículum oficial e avísame dos erros para correxilos.

Outra dúbida que teño é se hai algunha maneira de incluír nunha ACS de Secundaria, estándares, contidos e criterios de cursos de Primaria.

Para facer unha ACS hai que partir sempre do currículum de referencia do nivel, é dicir os elementos teñen que ser de 1º de ESO neste caso, outra cousa é que ti no nivel “adaptado poñas un texto similar a un estándar de 6º de primaria, por exemplo, pero en ningún caso podes coller estandares doutro nivel para facer unha ACS. Ten que aparecer o estándar de orixe do nivel que lle corresponde sempre.

Xa me contarás
Óscar

Ola María Antes de nada grazas polos comentarios. Efectivamente había un erro na ordenación dos elementos das ACS completas (non así na de só estándares), xa está solucionado e deberían aparecer ben ordenados. > Non se corresponden os números dos criterios cos números dos contidos e dos estándares. Non sei que podo estar facendo mal. O currículum de ESO e Bacharelato, a diferencia do de primaria e infantil que metín eu, foi introducido por docentes que o foron necesitando, polo que non están revisados. Se ves que no currículum oficial (do portal de Consellería) aparece un elemento cun código que non se corresponde co que aparece na aplicación indícamo para poder ir solucionado eses pequenos erros que se lles colou á persoa que os introduciu. Ten en conta, en todo caso, que se ben os códigos dos estándares si ten que corresponder cos dos estándares, nos contidos no curriculum oficial, non é raro ver os mesmos contidos co mesmo código en diferentes criterios. Vamos que a numeración dos contidos non vai sempre en relación ós códigos dos criterios. O dito, revisa se aparecen diferentes no currículum oficial e avísame dos erros para correxilos. > Outra dúbida que teño é se hai algunha maneira de incluír nunha ACS de Secundaria, estándares, contidos e criterios de cursos de Primaria. Para facer unha ACS hai que partir sempre do currículum de referencia do nivel, é dicir os elementos teñen que ser de 1º de ESO neste caso, outra cousa é que ti no nivel “adaptado poñas un texto similar a un estándar de 6º de primaria, por exemplo, pero en ningún caso podes coller estandares doutro nivel para facer unha ACS. Ten que aparecer o estándar de orixe do nivel que lle corresponde sempre. Xa me contarás Óscar

Óscar Abilleira Muñiz - Creador de recursoseducativos.net e PROGRÁMAME | oscarabilleira.com


16
1
2
vista previa
introducir alomenos 10 caracteres
ADVERTENCIA: Mencionaches %MENTIONS%, pero non poden ver esta mensaxe e non se se notificará
Gardando...
Gardado
Con elexido desmarcar temas amosar temas elexidos
Tódolas mensaxes deste tema serán borrado ?
Borrador pendente ... Fai click para reanudar a edición
Descartar borrador