Novidades e anuncios
Prepara Prográmame-UDIS (e outras ferramentas de recursoseducativos) de cara o novo curso

Saúdos a todos e todas.

Agora que comezamos un novo curso escolar, aquí vos deixo unha serie de “consellos” ou “recomendacións", sobre como preparar Prográmame-UDIS, e outras aplicacións de recursoseducativos.net, de cara ó novo período lectivo.

Prográmame-UDIS:
612dfbf806214

  • Revisa que teñas ACTUALIZADAS as APP no teu smartphone, tablet e reloxo, se as estás a usar.

.
.
612df84c2e27e

  • Crea un novo CARTAFOL para traballar neste curso 2021-2022. Como sempre, é recomendable crear cartafoles por curso (e non por áreas), posto que dentro de cada cartafol poderás traballar con tódalas áreas da etapa.
    • Se xa tiñas un cartafol (ou cartafoles) do curso anterior, podes facer unha copia do cartafol anterior, para poder traballar sobre el, e así poder “reciclar a táboa para a programación”, manter o perfil de área e competencial do centro, etc. Esta copia pode ser automatica (desde a lista de cartafoles a partir doutro), ou xa dentro dun cartafol valeiro, copiando desde outros cartafoles.
    • Se vas a partir dun cartafol novo, tal vez debas copiar o perfil de área e competencial da carpeta de centro (se a tes compartida).
    • Revisa, na configuración do cartafol, se queres poñerlle outro nome, compartila con outros usuarios...
    • Lembra indicar as datas de cada avaliación no cartafol (ou alomenos unhas aproximadas), se é que queres que se faga o cálculo de faltas por trimestres.
    • Lembra escoller este novo cartafol na APP para smartphones ou tablets, para poder traballar nel.

.
.

612df8806eeac

  • Tal vez teñas que cambiar o nome aos GRUPOS DE ALUMNOS E ALUMNAS que teñas (podes facelo desde a xestión de alumnados e grupos).
    • Posiblemente teñas que eliminar ou engadir novos alumnos e alumnas, ou mesmo borrar o grupo completo (tal vez antes poidas exportalo para pasarllo ó novo docente)
    • Tamén é posible que teñas que cambiar, no caso de usalas, as etiquetas de cada alumno (grupo mixtos habitualmente)
    • Comproba se o número de sesións é correcto, cámbiao se vas a usar a marcar faltas por sesión, e non só por día completo.

.
.
612df8b95f7cb

  • Igual é bo momento para crear a primeira SEMANA, marcándoa como PLANTILLA, no DIARIO DE CLASE, deste xeito poderás ir engandido nela as actividades e exercicios que se repiten semanalmente. Deste xeito nas novas semanas que vaias creando, poderás escoller se queres facelo en brancou o a partir desa plantilla.
    • Revisa se está ben o “horario” de cada sesión. Lembra indicar correctamente as horas de cada tramo horario, sobre todo se usas a APP ou reloxos intelixentes, para que poida “saber” que amosar en cada momento.
    • Comproba se o número de sesións é correcto, cámbiao pola cantidade que precises.

.
.
612df8f23dbd3

  • Se queres reutilizar algunhas das UD ou UDIs, que teñas en cartafoles de cursos anteriores, deberás usar a opción “COPIAR” desde dentro do cartafol actual.
    • Tamén pode ser interesante crear UD-UDI valeiras adicionais (só co título) para poder organizar o curso, combinadas coas que copies de cartafoles anteriores. Deste xeito terás unha distribución para todo o curso, e poderás ir “completando esas UD-UDIS” a medida que as vaias precisando, semanas antes de poñelas en práctica, se non queres elaboralas todas no comezo do curso.
  • Podes ir organizando os EQUIPOS COOPERATIVOS no apartado “alumnado e grupos”.

.
.
612dfdd08dca5

  • Os CADERNOS DO DOCENTE, que tiñas no cartafol anterior, non estarán presentes no actual. Tal vez sexa un bo momento para comezar a deseñar os cadernos do docente, que penses usar e marcalos como “favoritos”, para telos sempre a man.
  • Se ben as ACS non van asociadas a ningún cartafol, tal vez sexa o momento de actualizar a ACS do alumno/a (identificador) para o novo nivel. Lembra que podes copiar a do nivel anterior dese alumno/a, transferila a outro usuario da aplicación, etc.

Algunhas destas opcións poden ser feitas tamén, directamente desde a APP para smartphones e tablets.

  • Desde a APP para smartphones e tablets tamén podes adicionalmente:
    • Marcar os festivos locais, para que aparezan no calendario da axenda.
    • Crear as primeiras citas e facer anotacións con teclado, ou manuscritas, na axenda, para datas concretas.
    • Usar o novo block de notas, para facer as túas anotacións manuscritas sen data asignada.
    • Usar o anecdotario, seguimento de UD-UDIS e caderno docente, para ir facendo un seguimento da avaliación inicial do alumnado.
    • Ir facendo o seguimento das faltas tanto de xornada completa como por sesións.

Ten en conta que algunhas destas opcións non son de aplicación para Educación infantil, como por exemplo os perfiles de área e competenciais.

CALENDARIO ONLINE:

  • Se xa cambiaches os “grupos” e verificaches o número de sesións tal vez teñas que cambiar as iconas do horario diario.

Podes ver tódolos boletíns publicados, no foro de recursoseducativos net no apartado “Novidades e anuncios”, ou directamente nesta ligazón.
https://www.recursoseducativos.net/foro/index.php?u=/category/news-and-announcements

Para calquera dúbida ou comentario podes empregar o citado foro ou ben enviar un correo a info@recursoseducativos.net

Saúdos a todos e todas. Agora que comezamos un novo curso escolar, aquí vos deixo unha serie de “consellos” ou “recomendacións", sobre como preparar Prográmame-UDIS, e outras aplicacións de recursoseducativos.net, de cara ó novo período lectivo. **Prográmame-UDIS:** ![612dfbf806214](serve/attachment&path=612dfbf806214) - Revisa que **teñas ACTUALIZADAS as APP no teu smartphone, tablet e reloxo**, se as estás a usar. . . ![612df84c2e27e](serve/attachment&path=612df84c2e27e) - Crea** un novo CARTAFOL para traballar neste curso 2021-2022.** Como sempre, é recomendable crear cartafoles por curso (e non por áreas), posto que dentro de cada cartafol poderás traballar con tódalas áreas da etapa. - Se** xa tiñas un cartafol (ou cartafoles) do curso anterior, podes facer unha copia do cartafol anterior**, para poder traballar sobre el, e así poder “reciclar a táboa para a programación”, manter o perfil de área e competencial do centro, etc. Esta copia pode ser automatica (desde a lista de cartafoles a partir doutro), ou xa dentro dun cartafol valeiro, copiando desde outros cartafoles. - Se vas a partir dun cartafol novo, tal vez debas copiar o perfil de área e competencial da carpeta de centro (se a tes compartida). - Revisa, na configuración do cartafol, se queres poñerlle outro nome, compartila con outros usuarios... - Lembra **indicar as datas de cada avaliación** no cartafol (ou alomenos unhas aproximadas), se é que queres que se faga o cálculo de faltas por trimestres. - Lembra escoller este novo cartafol na APP para smartphones ou tablets, para poder traballar nel. . . ![612df8806eeac](serve/attachment&path=612df8806eeac) - Tal **vez teñas que cambiar o nome aos GRUPOS DE ALUMNOS E ALUMNAS** que teñas (podes facelo desde a xestión de alumnados e grupos). - Posiblemente teñas que **eliminar ou engadir** novos alumnos e alumnas, ou mesmo borrar o grupo completo (tal vez antes poidas **exportalo** para pasarllo ó novo docente) - Tamén é posible que teñas que cambiar, no caso de usalas, as etiquetas de cada alumno (grupo mixtos habitualmente) - Comproba **se o número de sesións é correcto**, cámbiao se vas a usar a marcar faltas por sesión, e non só por día completo. . . ![612df8b95f7cb](serve/attachment&path=612df8b95f7cb) - Igual é bo **momento para crear a primeira SEMANA, marcándoa como PLANTILLA, no DIARIO DE CLASE**, deste xeito poderás ir engandido nela as actividades e exercicios que se repiten semanalmente. Deste xeito nas novas semanas que vaias creando, poderás escoller se queres facelo en brancou o a partir desa plantilla. - Revisa** se está ben o “horario” de cada sesión**. Lembra **indicar correctamente as horas de cada tramo horario**, sobre todo se usas a APP ou reloxos intelixentes, para que poida “saber” que amosar en cada momento. - Comproba **se o número de sesións é correcto**, cámbiao pola cantidade que precises. . . ![612df8f23dbd3](serve/attachment&path=612df8f23dbd3) - Se queres **reutilizar** algunhas das **UD ou UDIs**, que teñas en cartafoles de cursos anteriores, deberás usar a opción “**COPIAR**” desde dentro do cartafol actual. - Tamén pode ser interesante **crear UD-UDI valeiras adicionais** (só co título) para poder organizar o curso, combinadas coas que copies de cartafoles anteriores. Deste xeito terás unha distribución para todo o curso, e poderás ir “completando esas UD-UDIS” a medida que as vaias precisando, semanas antes de poñelas en práctica, se non queres elaboralas todas no comezo do curso. - Podes ir organizando os **EQUIPOS COOPERATIVOS** no apartado “alumnado e grupos”. . . ![612dfdd08dca5](serve/attachment&path=612dfdd08dca5) - Os **CADERNOS DO DOCENTE**, que tiñas no cartafol anterior, non estarán presentes no actual. Tal vez sexa un bo momento para comezar a deseñar os cadernos do docente, que penses usar e marcalos como “favoritos”, para telos sempre a man. - Se ben as **ACS** non van asociadas a ningún cartafol, tal vez sexa o momento de** actualizar a ACS** do alumno/a (identificador) **para o novo nivel**. Lembra que podes copiar a do nivel anterior dese alumno/a, transferila a outro usuario da aplicación, etc. Algunhas destas opcións poden ser feitas tamén, directamente desde a APP para smartphones e tablets. - Desde a **APP para smartphones e tablets** tamén podes adicionalmente: - Marcar os **festivos locais**, para que aparezan no calendario da axenda. - Crear as primeiras **citas e facer anotacións con teclado, ou manuscritas**, na axenda, para datas concretas. - Usar **o novo block de notas**, para facer as túas anotacións manuscritas sen data asignada. - Usar **o anecdotario, seguimento de UD-UDIS e caderno docente**, para ir facendo un seguimento da ** avaliación inicial** do alumnado. - Ir facendo** o seguimento das faltas tanto de xornada completa como por sesións**. Ten en conta que algunhas destas opcións non son de aplicación para Educación infantil, como por exemplo os perfiles de área e competenciais. **CALENDARIO ONLINE:** - Se xa cambiaches os “grupos” e verificaches o número de sesións tal vez teñas que cambiar as iconas do horario diario. Podes ver tódolos boletíns publicados, no foro de recursoseducativos net no apartado “Novidades e anuncios”, ou directamente nesta ligazón. https://www.recursoseducativos.net/foro/index.php?u=/category/news-and-announcements Para calquera dúbida ou comentario podes empregar o citado foro ou ben enviar un correo a info@recursoseducativos.net
editado Aug 31 ás 12:02 pm
85
0
1
vista previa
introducir alomenos 10 caracteres
ADVERTENCIA: Mencionaches %MENTIONS%, pero non poden ver esta mensaxe e non se se notificará
Gardando...
Gardado
Con elexido desmarcar temas amosar temas elexidos
Tódolas mensaxes deste tema serán borrado ?
Borrador pendente ... Fai click para reanudar a edición
Descartar borrador