SUXESTIÓNS E IDEAS
UDI de diferentes etapas educativas

Ola Óscar.
Non estou segura se xa o falei contigo ou non, pero como esta aplicación medra máis que os fillos, ao mellor xa hai opcións...

Gustaríame poder combinar diferentes etapas na elaboración de UDIs. Sobre todo pensando nos proxectos de centro tipo PDI. Cando programamos o proxecto para todo un curso, nos CEIPs temos que contemplar infantil e primaria. Pero sería fantástico poder incluír tamén ESO. Estes días estou a realizar un cursiño on line do CAFI, e o último traballo é un proxecto basado en ABN onde conxugamos as 3 etapas educativas.
Como non sei se o que pido se pode facer, tentei importar actividades da UDI de infantil na de primaria, pero non contempla esa posibilidade, ou eu non sei facela...

Agardo polas túas novas, graciñas.

SAUDIÑOS E SAUDIÑA.

María Blanco Corral

Ola Óscar. Non estou segura se xa o falei contigo ou non, pero como esta aplicación medra máis que os fillos, ao mellor xa hai opcións... Gustaríame poder combinar diferentes etapas na elaboración de UDIs. Sobre todo pensando nos proxectos de centro tipo PDI. Cando programamos o proxecto para todo un curso, nos CEIPs temos que contemplar infantil e primaria. Pero sería fantástico poder incluír tamén ESO. Estes días estou a realizar un cursiño on line do CAFI, e o último traballo é un proxecto basado en ABN onde conxugamos as 3 etapas educativas. Como non sei se o que pido se pode facer, tentei importar actividades da UDI de infantil na de primaria, pero non contempla esa posibilidade, ou eu non sei facela... Agardo polas túas novas, graciñas. SAUDIÑOS E SAUDIÑA. María Blanco Corral

Ola

A resposta curta é que non se pode. A razón é que no caso de EI o noso currículum e relativamente diferente o de primaria, no segundo caso contempla ata estándares mentras que en infantil o currículum queda “nos criteiros de avaliación” e son os centros quenes teñen que concretalos (no que toca á aplicación en indicadores de logro), co cal habería que ter en conta que o centro teña metida a súa concreción curricular na aplicación para poder facer esas “mestura de etapas”.

Non existe ningún modo de “cruzar” os currículums das etapas, nin para importar actividades nin copiar UDI, pola razón anterior, a única excepción é no diario de clase onde si se pode importar só a estructura de actividades e exercicios doutras estapas (pero sen elementos curriculares)

A resposta longa é que para facer o que comentas existen as seguintes alternativas, que se usan nos diferentes centros cando se trata de UDI de todo o centro con diferentes etapas, segundo do tipo de UDI de centro:

  • Tarefas de centro na cal tódolos niveis fan as mesmas activadades e tarefas pero ó seu nivel e etapa.

    • Neste caso o que se fai é crear a UDI nunha etapa e logo copiar (escribíndoo de novo) a estructura da UDI (actividades e exercicios) nunha nova UDI da outra etapa e completala, de modo que terías dous documentos un para cada etapa.
    • Indicar no apartado temporalización e relación con outras UDI das dúas que na UDI correspondente da outra etapa está o resto da planificación.
  • Tarefas de centro nas que “se reparten os exercicios, e incluso actividades” entre os diferentes niveis e etapas.

    • Neste caso o que se pode facer é crear a mesma estructura tanto na UDI de infantil como na de primaria,(tarefa e actividades) pero especificando en cada caso os exercicios diferentes que levará a cabo cada nivel.
    • Tamén se pode crear a estructura completa en primaria, por exemplo, pero non cubrir a parte curricular nos exercicios de infantil, e que estes estean presentes só na UDI de ifantil (ou ben facer o mesmo nesta segunda UDI deixando sen cubrir o currículum dos de primaria)
    • Indicar no apartado temporalización e relación con outras UDI das dúas que na UDI correspondente da outra etapa está o resto da planificación.

Como ves a solución pasa sempre por facer dous documentos, aínda que unha vez feitos coa versión en odt sempre poderías ir cortando e pegando para facer un só, pero no creo que compense o esforzo.

En todo caso ten en conta que en infantil vas a ter que usar a concrección curricular dalgún dos centros que a teñen metida na aplicación, se o do teu centro non estivera metida realmente pode valer como referencia pero non tería nigún “valor legal”, por así dicilo.
Explícome: Se nunha UDI de primaria poñemos 1º-LCB .1.1. é valido para calquera centro de Galicia, pero se en infantil poñemos 3º-CSMAPB1.1, se non existe no Proxecto educativo do centro unha concreción curricular de infantil onde diga que significan esas siglas (ou as que sexan) non ten ningunha validez, posto que a concreción de infantil é diferente en cada centro, incluso na forma de facela (non ten porque ter siglas por indicador nin moito menos)

Non sei se che serve de algo o que che contei.

Un saúdo.

Ola A resposta curta é que non se pode. A razón é que no caso de EI o noso currículum e relativamente diferente o de primaria, no segundo caso contempla ata estándares mentras que en infantil o currículum queda “nos criteiros de avaliación” e son os centros quenes teñen que concretalos (no que toca á aplicación en indicadores de logro), co cal habería que ter en conta que o centro teña metida a súa concreción curricular na aplicación para poder facer esas “mestura de etapas”. Non existe ningún modo de “cruzar” os currículums das etapas, nin para importar actividades nin copiar UDI, pola razón anterior, a única excepción é no diario de clase onde si se pode importar só a estructura de actividades e exercicios doutras estapas (pero sen elementos curriculares) A resposta longa é que para facer o que comentas existen as seguintes alternativas, que se usan nos diferentes centros cando se trata de UDI de todo o centro con diferentes etapas, segundo do tipo de UDI de centro: - Tarefas de centro na cal tódolos niveis fan as mesmas activadades e tarefas pero ó seu nivel e etapa. - Neste caso o que se fai é crear a UDI nunha etapa e logo copiar (escribíndoo de novo) a estructura da UDI (actividades e exercicios) nunha nova UDI da outra etapa e completala, de modo que terías dous documentos un para cada etapa. - Indicar no apartado temporalización e relación con outras UDI das dúas que na UDI correspondente da outra etapa está o resto da planificación. - Tarefas de centro nas que “se reparten os exercicios, e incluso actividades” entre os diferentes niveis e etapas. - Neste caso o que se pode facer é crear a mesma estructura tanto na UDI de infantil como na de primaria,(tarefa e actividades) pero especificando en cada caso os exercicios diferentes que levará a cabo cada nivel. - Tamén se pode crear a estructura completa en primaria, por exemplo, pero non cubrir a parte curricular nos exercicios de infantil, e que estes estean presentes só na UDI de ifantil (ou ben facer o mesmo nesta segunda UDI deixando sen cubrir o currículum dos de primaria) - Indicar no apartado temporalización e relación con outras UDI das dúas que na UDI correspondente da outra etapa está o resto da planificación. Como ves a solución pasa sempre por facer dous documentos, aínda que unha vez feitos coa versión en odt sempre poderías ir cortando e pegando para facer un só, pero no creo que compense o esforzo. En todo caso ten en conta que en infantil vas a ter que usar a concrección curricular dalgún dos centros que a teñen metida na aplicación, se o do teu centro non estivera metida realmente pode valer como referencia pero non tería nigún “valor legal”, por así dicilo. Explícome: Se nunha UDI de primaria poñemos 1º-LCB .1.1. é valido para calquera centro de Galicia, pero se en infantil poñemos 3º-CSMAPB1.1, se non existe no Proxecto educativo do centro unha concreción curricular de infantil onde diga que significan esas siglas (ou as que sexan) non ten ningunha validez, posto que a concreción de infantil é diferente en cada centro, incluso na forma de facela (non ten porque ter siglas por indicador nin moito menos) Non sei se che serve de algo o que che contei. Un saúdo.

Óscar Abilleira Muñiz - Creador de recursoseducativos.net e PROGRÁMAME | oscarabilleira.com

editado Apr 4 ás 10:19 am
51
1
2
vista previa
introducir alomenos 10 caracteres
ADVERTENCIA: Mencionaches %MENTIONS%, pero non poden ver esta mensaxe e non se se notificará
Gardando...
Gardado
Con elexido desmarcar temas amosar temas elexidos
Tódolas mensaxes deste tema serán borrado ?
Borrador pendente ... Fai click para reanudar a edición
Descartar borrador