NOVIDADES E ANUNCIOS
Novidades en prográmame e recursoseducativos.net do 26 de maio de 2020

Estas son as novidades e melloras introducidas nas última semanas:

PROGRÁMAME-UDIS:

  • Actualización visual do apartado de configuración dos caratafoles (cambiar nome, bloquear, marcar como centro e compartir)
  • Cambiado o sistema para compartir cartafoles, agora máis intuitivo e doado de manexar, sobre todo cando existen grandes grupos de usuarios nun mesmo cartafol. 5ecd00620dfc0
  • Engadido sistemna de cola de xeración ó xerar documentos, de modo que se evitan sobrecargas innecesarias. O sistema informa cantos usuarios están diante xerando un documento. Ó non xerarse un número excesivo de documentos simultaneamente a velocidade de xeración increméntase notablemente nalgunhas circunstancias, así como a fluidez de funcionamento de toda a aplicación.
  • Solucionado erro polo que se gardaban mal certos cambios nas UD-UDIS, ó engardir imaxes ou adxuntos nas actividades ou exercicios
  • No caderno do docente:
    • Podes "ocultar" os instrumento agrupados da programación se así o desexas, para visualizar só os creados de forma manual.
    • Podes descargar en formato csv (folla de cálculo) os datos do caderno.
    • Amplíase a caixa de texto para anotacións, ó facer click sobre ela, voltando ó tamaño orixinal ó facer click fora dela.
    • Solucionado erro que permitía engadir máis dunha fórmula de cada tipo.
    • Podes expandir o caderno do docente a pantalla completa e retornar ó tamaño orixinal, premendo o botón correspondente ou a tecla Esc. 5eccf85cbe7f8
  • Permite amosar os estándares en castelán de LC e LCL cando se xera o currículum, se está esa opción escollida

RECURSOSEDUCATIVOS.NET (outras aplicacións)

  • Incluído un novo recurso para o alumnado "xogos de memoria”.
    5ecd00c5ee952

  • Mellorada a velocidade de carga do calendario de aula.

A nivel de servidor:

  • Actualización realizada a php 7.3, con esta actualización increméntase a seguridade e velocidade de carga. Se detectas algún erro de carga que se repita comunícao.

Ten en conta que só recibirán este boletín por correo aquelas persoas que teñan marcada dita opción no no seu perfil de usuario.

Lembra que podes facerme chegar as túas suxerencias, dúbidas ou problemas a info@recursoseducativos.net ou ben no foro.

Consulta os boletíns enviados con anterioridade no foro na seguinte ligazón:
https://www.recursoseducativos.net/foro/index.php?u=/category/novidades-e-anuncios

Saúdos
Óscar Abilleira Muñiz
info@recursoseducativos.net
www.recursoseducativos.net | www.programame.gal | www.oscarabilleira.com

Estas son as novidades e melloras introducidas nas última semanas: **PROGRÁMAME-UDIS:** - Actualización visual do apartado de configuración dos caratafoles (cambiar nome, bloquear, marcar como centro e compartir) - Cambiado o sistema para compartir cartafoles, agora máis intuitivo e doado de manexar, sobre todo cando existen grandes grupos de usuarios nun mesmo cartafol. ![5ecd00620dfc0](serve/attachment&path=5ecd00620dfc0) - Engadido sistemna de cola de xeración ó xerar documentos, de modo que se evitan sobrecargas innecesarias. O sistema informa cantos usuarios están diante xerando un documento. Ó non xerarse un número excesivo de documentos simultaneamente a velocidade de xeración increméntase notablemente nalgunhas circunstancias, así como a fluidez de funcionamento de toda a aplicación. - Solucionado erro polo que se gardaban mal certos cambios nas UD-UDIS, ó engardir imaxes ou adxuntos nas actividades ou exercicios - No caderno do docente: - Podes "ocultar" os instrumento agrupados da programación se así o desexas, para visualizar só os creados de forma manual. - Podes descargar en formato csv (folla de cálculo) os datos do caderno. - Amplíase a caixa de texto para anotacións, ó facer click sobre ela, voltando ó tamaño orixinal ó facer click fora dela. - Solucionado erro que permitía engadir máis dunha fórmula de cada tipo. - Podes expandir o caderno do docente a pantalla completa e retornar ó tamaño orixinal, premendo o botón correspondente ou a tecla Esc. ![5eccf85cbe7f8](serve/attachment&path=5eccf85cbe7f8) - Permite amosar os estándares en castelán de LC e LCL cando se xera o currículum, se está esa opción escollida **RECURSOSEDUCATIVOS.NET (outras aplicacións)** - Incluído un novo recurso para o alumnado "xogos de memoria”. ![5ecd00c5ee952](serve/attachment&path=5ecd00c5ee952) - Mellorada a velocidade de carga do calendario de aula. **A nivel de servidor:** - Actualización realizada a php 7.3, con esta actualización increméntase a seguridade e velocidade de carga. Se detectas algún erro de carga que se repita comunícao. Ten en conta que só recibirán este boletín por correo aquelas persoas que teñan marcada dita opción no no seu perfil de usuario. Lembra que podes facerme chegar as túas suxerencias, dúbidas ou problemas a info@recursoseducativos.net ou ben no foro. Consulta os boletíns enviados con anterioridade no foro na seguinte ligazón: https://www.recursoseducativos.net/foro/index.php?u=/category/novidades-e-anuncios Saúdos Óscar Abilleira Muñiz info@recursoseducativos.net www.recursoseducativos.net | www.programame.gal | www.oscarabilleira.com

Óscar Abilleira Muñiz - Creador de recursoseducativos.net e PROGRÁMAME | oscarabilleira.com

editado May 26 ás 12:43 pm
45
0
1
vista previa
introducir alomenos 10 caracteres
ADVERTENCIA: Mencionaches %MENTIONS%, pero non poden ver esta mensaxe e non se se notificará
Gardando...
Gardado
Con elexido desmarcar temas amosar temas elexidos
Tódolas mensaxes deste tema serán borrado ?
Borrador pendente ... Fai click para reanudar a edición
Descartar borrador