Estas son as novidades incluidas en Programáme-UDIS nas últimas semanas:
Na lapela UD-UDIS:
Nas caixas de texto inferiores de cada actividade (metodolóxía, agrupamentos, recursos, espazos-tempos) de tamaño moi pequeno, ó facer click sobre ela ábrese unha nova caixa de texto en toda a pantalla para facilitar a introdución de grandes cantidades de texto
- No apartado identificación, na caixa descrición engadiuse o epígrafe para a inclusión de medidas para á atención da diversidade.
- Modifcación dalgúns epígrafes para englobar novos aspectos, en relación ó deseño de UD-UDIS de desenvolvemento "online" ou mixto:
- En cada tarefa/tema, no apartado descrición, tamén se inclúe a opción de engadir os obxectivos/finalidades da mesma.
- En cada actividade, no apartado de recursos, engádese o epígrafe de integración no ecosistema dixital, onde indicar de que modo se empregan, no caso de UD-UDIS de desenvolvemento online ou mixto.
En cada actividade, no apartado de agrupamentos, engádese o epígrafe de estratexias de autoregulación, no caso de UD-UDIS de desenvolvemento online ou mixto.
Actualizado manual, parte das UDI
Caderno do docente:
- Solucionado erro esporádico polo que, en determinadas circunstancias, que se producía cando se copia contido dun documento externo ás caixas das notas.
Solucionado erro esporádico coas copias de seguridade, que se producía en certas circunstancias.
Ten en conta que só recibirán este boletín por correo aquelas persoas que teñan marcada dita opción no no seu perfil de usuario.
Lembra que podes facerme chegar as túas suxerencias, dúbidas ou problemas a info@recursoseducativos.net ou ben no foro.
Consulta os boletíns enviados con anterioridade no foro na seguinte ligazón:
https://www.recursoseducativos.net/foro/index.php?u=/category/novidades-e-anuncios
Saúdos
Óscar Abilleira Muñiz
info@recursoseducativos.net
www.recursoseducativos.net | www.programame.gal | www.oscarabilleira.com
Óscar Abilleira Muñiz - Creador de recursoseducativos.net e PROGRÁMAME | oscarabilleira.com