AXUDA E SOPORTE
Moitas dúbidas

Ola
Seguro que meto a pata e que debería ler mellor as instruccións.
Estou tentando facer a programación de segundo de primaria. Quero facer unha programación xeral para o curso. Fixen só CCNN, ao xerar quédame en branco o apartado de mínimos. Polo que entendo, ese apartado ten que estar cuberto polo centro. Pero se non meu centro non usa esta aplicación, como fago?
Grazas

Ola Seguro que meto a pata e que debería ler mellor as instruccións. Estou tentando facer a programación de segundo de primaria. Quero facer unha programación xeral para o curso. Fixen só CCNN, ao xerar quédame en branco o apartado de mínimos. Polo que entendo, ese apartado ten que estar cuberto polo centro. Pero se non meu centro non usa esta aplicación, como fago? Grazas

Ola

Antes de nada benvida e tranquila que as dúbidas están para solucionalas, e para iso está este foro.

A aplicación está pensada para afrontar dúas tarefas:

  • A) Deseñar e planificar as Tarefas na aula a través de Unidades Didácticas Integradas (UDI) usando os currículums actuais.

  • B) Axudar na elaboración da programación de curso a partir do currículum e das diferentes indicacións que foron chegando desde inspección e as ordes que se foron publicando.

Se ben todo está explicado no manual, tal como comentas, hai certos aspectos organizativos de centro que non, porque son habitualmente tratados nas docencias onde se presenta a aplicación ou segundo a organización de cada centro. A ver se o dou explicado un pouco por riba e plantexa calqueira dúbida que vexas.

No primeiro caso o traballo (UDI) depende únicamente do mestre/a ou grupo de mestres que a elaboran e precísase ter antes unha mínima idea do que é uha tarefa, actividade e exercicio e a súa relación coas Competencias Clave (na web oscarabilleira.com hai varios documentos das as docencias que din sobre este tema por se poden servir de axuda. Se ben ter feita a programación na aplicación aforraría certa parte do traballo de avaliación (ademais de ser lóxico ter a programación do curso feita antes de poñerse coa de aula e as súas UDIS hehe)

No caso da programación de curso, a aplicación parte de dúas premisas:

   - que como centro se teña feito na aplicación o perfil de área, indicando os mínimos para cada estándard.
   - que como centro se teña feito na aplicación o perfil competencial indicando os estándares prioritarios e o nivel de logro dos  mesmos para cada proceso.

Esta sítuación sería a ideal (ambos veñen explicados no manual como facelos incluso cun exemplo de como poder organizalo no Anexo I), pero obviamente moitos centros non terán feito o perfil de área deste xeito e a meirande parte o competencial por procesos (se é que se quere facer así).

Entón neste caso, que entendo que é o teu, non queda outra que os mínimos os teñas que redactar ti, imaxino que para poder saír do paso, porque eses mínimos por lóxica teñen que ser acordados polo centro e como mínimo dentro do nivel... en moitos centros así o fixeron o primeiro curso, antes de ter elaborado o perfil de área acordando os mínimos, alomenos acordánoos no nivel e plantexándose o facer o perfil de area neses curso no centro (de ahí a tira de Plans de Formación en Centros con seminarios para elaborar este documento). E máis do mesmo no perfil competencial.

Como dis aparécenche os mínimos en branco, pero se como centro tivesedes o perfil de área nun cartafol compartido con tódolos mestres/as do centro, tan só terías que "pulsar o botón copiar cartafol" e copiar o do centro, de xeito que xa terías os mínimos metidos (e o traballo sería infinitamente menor ademais de ter máis sentido)

Por exemplo, no meu centro en primaria elaborouse o perfil de área e parte do compenticial neste cartafol (bloquedo por seguridade), desde el calquera mestre con acceso ó mesmo pode "volcar" os datos e ter xa os mínimos e niveis de logro por porceso. (repito que no Anexo I do manual ven explicado como pode organizarse a nivel de centro este traballo)

57c141e15d307.png

En que afecta este feito á programación? Tal como se indica no Anexo II do manual (que eso parece xa unha convocatoria do Xunta hehe), desde a aplicación pode descargarse un modelo de programación (en odt) para completar, no cal en dous dos seus apartados (os máis traballosos) se empregan os documentos xerados pola aplicación.

  • o dos mínimos por estándard, temporalización e avaliación de cada un
  • o da aportación ás competencias clave.

Tendo en conta que se pide que para cada estándar se indique un mínimo, dalgún xeito hai que indicarllo, se como centro estivese xa establecido dentro do perfil de área o traballo sería únicamente marcar os trimestres e os instrumentos de avaliación para cada estándar (logo estes mesmos mínimos poden importarse na avaliación das UDI nas rúbricas e demais), pero se non están feitos non vai a quedar outra que "elaboralos" para saír do paso ou falar a nivel de centro como ides facer este curso a ese respecto e plantexarvos se ides a facer ou non un perfil de área con mínimos acordados.

E repito que existan uns mínimos por estándar, alomenos ata este momento nos centros que coñezo, estanse a comprobar nas programacións, outra cousa é que fosen elaborados como centro ou non haxa coherencia entre niveis se foron elaborados por cada mestre sen acordo dos demais, pero ese é xa un tema de cada centro, aínda que parece de sentido común que sexa un traballo acordado.

Nalgúns centros me preguntaban porque os "mínimos" non se podía compartir entre os centros. En teoría bastaría que un centro convidase a outro ó seu cartafol e listo, pero non tería moito sentido práctico xa que cada centro segundo as súas características e autonomía é quen ten que determinar cal é mínimo para cada estándard.

Ten en conta que moitos estándares (conta ata o 99) son mínimos en si mesmo, co cal basta con copiar e pegar, pero outros como "le con fluidez diferentes textos..." necesitan acotar que se entende como centro que é "ler con fluidez e sobre que textos para determinar que supera o estándar)

Non sei se aclarei algo ou liei máis o asunto... en calquera caso deixa as dúbidas sen ningún problema.

Ola Antes de nada benvida e tranquila que as dúbidas están para solucionalas, e para iso está este foro. A aplicación está pensada para afrontar dúas tarefas: - A) Deseñar e planificar as Tarefas na aula a través de Unidades Didácticas Integradas (UDI) usando os currículums actuais. - B) Axudar na elaboración da programación de curso a partir do currículum e das diferentes indicacións que foron chegando desde inspección e as ordes que se foron publicando. Se ben todo está explicado no manual, tal como comentas, hai certos aspectos organizativos de centro que non, porque son habitualmente tratados nas docencias onde se presenta a aplicación ou segundo a organización de cada centro. A ver se o dou explicado un pouco por riba e plantexa calqueira dúbida que vexas. No primeiro caso o traballo (UDI) depende únicamente do mestre/a ou grupo de mestres que a elaboran e precísase ter antes unha mínima idea do que é uha tarefa, actividade e exercicio e a súa relación coas Competencias Clave (na web oscarabilleira.com hai varios documentos das as docencias que din sobre este tema por se poden servir de axuda. Se ben ter feita a programación na aplicación aforraría certa parte do traballo de avaliación (ademais de ser lóxico ter a programación do curso feita antes de poñerse coa de aula e as súas UDIS hehe) No caso da programación de curso, a aplicación parte de dúas premisas: - que como centro se teña feito na aplicación o perfil de área, indicando os mínimos para cada estándard. - que como centro se teña feito na aplicación o perfil competencial indicando os estándares prioritarios e o nivel de logro dos mesmos para cada proceso. Esta sítuación sería a ideal (ambos veñen explicados no manual como facelos incluso cun exemplo de como poder organizalo no Anexo I), pero obviamente moitos centros non terán feito o perfil de área deste xeito e a meirande parte o competencial por procesos (se é que se quere facer así). Entón neste caso, que entendo que é o teu, non queda outra que os mínimos os teñas que redactar ti, imaxino que para poder saír do paso, porque eses mínimos por lóxica teñen que ser acordados polo centro e como mínimo dentro do nivel... en moitos centros así o fixeron o primeiro curso, antes de ter elaborado o perfil de área acordando os mínimos, alomenos acordánoos no nivel e plantexándose o facer o perfil de area neses curso no centro (de ahí a tira de Plans de Formación en Centros con seminarios para elaborar este documento). E máis do mesmo no perfil competencial. Como dis aparécenche os mínimos en branco, pero se como centro tivesedes o perfil de área nun cartafol compartido con tódolos mestres/as do centro, tan só terías que "pulsar o botón copiar cartafol" e copiar o do centro, de xeito que xa terías os mínimos metidos (e o traballo sería infinitamente menor ademais de ter máis sentido) Por exemplo, no meu centro en primaria elaborouse o perfil de área e parte do compenticial neste cartafol (bloquedo por seguridade), desde el calquera mestre con acceso ó mesmo pode "volcar" os datos e ter xa os mínimos e niveis de logro por porceso. (repito que no Anexo I do manual ven explicado como pode organizarse a nivel de centro este traballo) ![57c141e15d307.png](serve/attachment&path=57c141e15d307.png) En que afecta este feito á programación? Tal como se indica no Anexo II do manual (que eso parece xa unha convocatoria do Xunta hehe), desde a aplicación pode descargarse un modelo de programación (en odt) para completar, no cal en dous dos seus apartados (os máis traballosos) se empregan os documentos xerados pola aplicación. - o dos mínimos por estándard, temporalización e avaliación de cada un - o da aportación ás competencias clave. Tendo en conta que se pide que para cada estándar se indique un mínimo, dalgún xeito hai que indicarllo, se como centro estivese xa establecido dentro do perfil de área o traballo sería únicamente marcar os trimestres e os instrumentos de avaliación para cada estándar (logo estes mesmos mínimos poden importarse na avaliación das UDI nas rúbricas e demais), pero se non están feitos non vai a quedar outra que "elaboralos" para saír do paso ou falar a nivel de centro como ides facer este curso a ese respecto e plantexarvos se ides a facer ou non un perfil de área con mínimos acordados. E repito que existan uns mínimos por estándar, alomenos ata este momento nos centros que coñezo, estanse a comprobar nas programacións, outra cousa é que fosen elaborados como centro ou non haxa coherencia entre niveis se foron elaborados por cada mestre sen acordo dos demais, pero ese é xa un tema de cada centro, aínda que parece de sentido común que sexa un traballo acordado. Nalgúns centros me preguntaban porque os "mínimos" non se podía compartir entre os centros. En teoría bastaría que un centro convidase a outro ó seu cartafol e listo, pero non tería moito sentido práctico xa que cada centro segundo as súas características e autonomía é quen ten que determinar cal é mínimo para cada estándard. Ten en conta que moitos estándares (conta ata o 99) son mínimos en si mesmo, co cal basta con copiar e pegar, pero outros como "le con fluidez diferentes textos..." necesitan acotar que se entende como centro que é "ler con fluidez e sobre que textos para determinar que supera o estándar) Non sei se aclarei algo ou liei máis o asunto... en calquera caso deixa as dúbidas sen ningún problema.

Óscar Abilleira Muñiz - Creador de recursoseducativos.net e PROGRÁMAME | oscarabilleira.com


431
1
3
vista previa
introducir alomenos 10 caracteres
ADVERTENCIA: Mencionaches %MENTIONS%, pero non poden ver esta mensaxe e non se se notificará
Gardando...
Gardado
Con elexido desmarcar temas amosar temas elexidos
Tódolas mensaxes deste tema serán borrado ?
Borrador pendente ... Fai click para reanudar a edición
Descartar borrador