Estas son as últimas novidades das diferentes aplicacións de recursoseducativos.net, incluída prográmame-UDIS.
Prográmame-UDIS: (versión LOMLOE)
- Engadidas novas materias de ESO, grazas á colaraboración de varios usuarios e usuarias da aplicación. Podes ver os colaboradores/as no pé de páxina da aplicación.
- Se queres colaborar introducindo o currículo dalgunha materia que falta, contacta con info@recursoseducativos.net.
- Incluíronse cambios de "textos", nas explicacións e avisos, en relación aos borradores de ACS. Aclárase agora que os datos destes borradores poderán ser empregados en PROENS, no hipotético caso de que sexa incluída no futuro, a opción de elaborar Adaptacións curriculares na aplicación oficial. Os textos existentes anteriormente, podían dar lugar a confusións e malenendidos sobre a existencia de dita opción en PROENS na actualidade .
- Optimización da carga da aplicación, para soportar centos de usuarios simultáneos, mellorando o tempo de resposta.
- Solucionados erros menores na carga de certos apartados.
Calendario online:
- Solucionado erro na subida de imaxes no apartado “iconas do horario”
Biblioteca online:
- Agora cando se rexistra un libro co carnet QR ou se escolle a opción de imprimirimprimir, engádeo a unha “cola de impresión”, para poder, deste xeito, imprimir máis dunha portada por páxina. https://www.youtube.com/watch?v=6keA_9ianvI
- Manual de usuario actualizado: https://www.recursoseducativos.net/Help-Desk/article/14-os-alumnosas-rexistran-os-libros-que-levan-para-casa-version-web#menu
Diccionario online:
- Xa podes acceder ao teu banco privado de imaxes usando o código QR dalgúns alumno/a dos teus grupos.
- Solucionado erro cando se buscaban palabras do banco común, sen ter usado o acceso como usuario rexistrado ou código QR do alumno/a.
- Actualizado manual de uso do dicionario online, agora enlazado tamén directamente desde a propia aplicación: https://www.recursoseducativos.net/Help-Desk/article/1-xestion-e-uso-do-dicionario-online#menu
Consulta o manual de usuario destas aplicacións, no centro de axuda e soporte.
https://www.recursoseducativos.net/Help-Desk/
Podes ver tódolos boletíns publicados, no foro de recursoseducativos net no apartado “Novidades e anuncios”, ou directamente nesta ligazón.
https://www.recursoseducativos.net/foro/index.php?u=/category/news-and-announcements
Para calquera dúbida ou comentario podes empregar o foro (accesible desde o centro de axuda e soporte), ou ben enviar un correo electrónico a info@recursoseducativos.net.
Tamén podes unirte ó grupo de recursoseducativos - prográmame-udis en Telegram, na seguinte ligazón, para manter un contacto directo e deixar as túas dúbidas e suxerencias:
https://t.me/joinchat/2ByMlI3IH9I3YmQ0