inicio       acceso usuarios     GAL | CAST
avatar PROFESORADO
RECURSOS ONLINE

Axendas, calendarios, anecdotarios, letras móviles..
avatar ALUMNADO
RECURSOS ONLINE

Xogos online e aplicacións adaptadas para o alumnado.
CON REXISTRO
SERVICIOS ONLINE

Acceso directo ós servicios que precisan rexistro
REXÍSTRATE
PARA USALOS NA AULA

Para empregar algúns servizos rexístrate aquí.
AXUDA
PRECISAS AXUDA?

- Preguntas máis habituais
- Entra no foro de axuda
oscarabilleira.com
BLOG EDUCATIVO DO AUTOR

Podes visitar o meu blog educativo neste enderezo.
5699 USUARIOS REXISTRADOS CON CONTA ACTIVADA
PROFESORADO
ALUMNADO
CON REXISTRO
REXÍSTRATE
BLOG DO AUTOR
AXUDA
FORO







RESPOSTAS ÁS PREGUNTAS MÁIS HABITUAIS

Como podo cambiar o meu contrasinal, correo de rexistro e outros datos?

Unha vez teñas accedido cos teus datos de rexistro, no menú superior deberás facer click sobre o teu nome de usuario e accederás á túa páxina de perfil. Ademais de poder cambiar os teus datos persoais e de acceso, poderás activar ou desactivar a recepción do boletín de novidades na web no teu correo electrónico.
Se o que desexas e borra-la túa conta de usuario contacta con info@recursoseducativos.net


Non lembro o meu contrasinal ou non podo acceder. Que fago?

O tengar acceder ben con datos de acceso incorrectos, ou cun usuario no activado, verás aparecer un aviso indicando se precisas axuda para acceder, ó pulsar sobre el automáticamente recibirás un email co correo de activación ou os teus datos de acceso, segundo sexa o caso. Revisa a túa carpeta de correo SPAM ou non desexado. Se o problema persiste contacta con info@recursoseducativos.net


Como podo enlazar os servicios dispoñibles (calendario, diccionario...) nun idioma concreto?

Por defecto calquera url que se copie desde o navegador amosará a versión en galego da páxina, nembargantes se queres que se amose automáticamente en castelán, tan só terás que engadir á url o parámetro &idioma=cast.
Así por exemplo, para enlazar o diccionario en castelán o enderezo a empregar sería:
http://www.recursoseducativos.net/software/online/diccionarios/index.php?carpeta=letras&idioma=cast
Outra forma máis sinxela é acceder á páxina do recurso, permer a opción CAST e copiar a nova url dispoñible, que se corresponderá coa anteriormente indicada.


Poden os nenos/as empregar os servicios con rexistro sen ter contrasinal?

Por suposto, de feito a idea é que poidan empregar os servicios libremente (diccionario, calendario, biblioteca...), pero sen que poidan borrar ou alterar os datos introducidos. Por esa razón só o mestre/a, co usuario e contrasinal pode modificar, engadir ou borrar contidos. Le a seguinte pregunta para máis información.


Como traballan os nenos e nenas co calendario se non teñen contrasinal?

Para este e outros servizos, desde o apartado xestión de alumnos, pode conseguirse un código QR (que se pode pegar nun carnet persoal) co que se pode acceder ós servizos como o calendario, sen necesidade de tener usuario e contraseña, e sen que o docente teña que empregar os seus datos de acceso. Deste xeito poden empregalo autónomamente. Para este tipo de acceso precísase contar cunha webcam no ordenador, e no caso de non dispoñer dela, o acceso deberá realizalo o docente empregando o usuario e contrasinal.


Tódolos servicios serán sempre gratuitos?

Tódolos servicios desta web, tanto os que precisan rexistro como os que non, foron creados polo autor para seren empregados nas aulas do seu centro, como resultado da vida da aula e suxerencias de outros compañeiros/as. Unha vez realizadas e ó seren empregadas de forma habitual nas nosas aulas poñémolas á disposición dos restantes mestres/as por se fose do seu interese. Por esa razón estes servicios serán sempre gratuitos.


Terei un diccionario propio?

Á diferencia do demais servicios con rexistro, no que se conta en cada caso un servicio independente, no caso do diccionario este é creado de forma cooperativa por tódolos usuarios con rexistro, de xeito que calquera palabra que sexa engadida poderá ser empregada automáticamente por calquera usuario do mesmo, estea ou non rexistrado.


A biblioteca fai un rexistro de libros prestados?

Si pero dunha forma moi básica xa que a aplicación biblioteca ten como finalidade que o alumnado introduza un número e obteña a portada do libro para imprimila, e poder logo empregala nun rexistro en papel onde anotar o título, data, nome ou outros datos que se considere.
A aplicación fai tamén un reconto das veces que se "imprimiu" cada libro tras acceder cos respectivos carnets QR, amosándose ese dato cando se accede ó contido do código QR, permitíndose tamén marcar o libro como devolto.
De forma adicional permite almacenar os libros levados por cada alumno, usando o seu carnet-QR (que pode conseguirse desde a xestión de alumnos), empregando un sistema moi básico de control que podes consultar no manual de usuario da aplicación.


Teño que completar tódolos datos da biblioteca?

Non, únicamente precisas subir as portadas, segundo as instruccións, para poder comezar a empregala. Nembargantes, se desexas que cando se acceda co código QR se amose esa información, ou se queres realizar búsquedas por título, palabra ou autor, deberás ter introducidos os citados datos.


Podo obter etiquetas cos números e código QR para cada libro?

Si, unha vez introducido no sistema, tan só terás que empregar o botón correspondente na portada da aplicación para imprimir as etiquetas que desexes, xunto cun inventario en papel dos libros introducidos, se é que así o desexas.


Que currículos emprega prográmame en Galicia?

A versión para primaria, ESO e bacharelato emprega o último currículo dispoñible, mentras que a versión para infantil emprega por defecto a concreción curricular integrada do CEIP Pedro Antonio Cerviño, a partir no cúrriculum oficial de Educación Infantil, ou aquelas outras introducidas por diferentes centros. No caso de ESO e bacharelato só están dispoñibles aquelas áreas/materias que usuarios voluntariamente subiron á aplicación; en infantil e primaria o currículo está completo. Se quieres colaborar con algunha área/materia de secundaria contacta con info@recursoseducativos.net.


Podo traballar en Prográmame cos currículos de outras comunidades e territorios?

A aplicación permite o traballo con currículos de diferentes comunidades, sempre e cando estes fosen introducidos polos usuarios da aplicación. Do mesmo xeito só aparecen os territorios e CCAA que conteñen alomenos unha área nalgunha das etapas, ó ser solicitado por algún usuario da aplicación. Podes atopar máis información a este respecto aquí (no foro de usuarios)


Que modelo de UDI usa prográmame?

Utilizamos o modelo de UDI do CEIP. Pedro Antonio Cerviño elaborado no PFPP.


Que fago se atopo algún erro nos currículos empregados en prográmame?

É posible que durante o volcado dos datos dos currículos tivera lugar algún error, nese caso comunicánolo ó noso correo electrónico (info@recursoseducativos.net) para solucionalo.


E se ainda teño dúbidas?

Podes participar no noso foro xunto a outros usuarios da web e compartir experiencias e recibir soporte técnico.
Para claquera dúbida ou problema contacta co seguinte enderezo de correo electrónico:.

info@recursoseducativos.net
www.recursoseducativos.net
www.programame.gal

creada por Óscar Abilleira Muñiz - info@recursoseducativos.net
Aviso legal e condicións de emprego