Axuda para a instalación do apk
Estas instrucións explican como instalar a aplicación de forma manual no teu reloxo con wearOS:
1.- Verifica primeiro que non podes instala directamente buscándoa en Google Play desde o reloxo. Esta opción é preferible en calquera caso.
2.- No caso de que non poidas instala directamente desde Google Play podes optar pola instalación manual aquí explicada
3.- Instala a aplicación Bugjaeger no teu teléfono Android (servirá para "instalar a aplicación no teu reloxo"). Podes empregar claquera outra aplicación, pero neste manual explícase como facelo con esta
4.- Descarga no teu smartphone android o arquivo apk usando o código QR ou desde aquí
5.- No teu reloxo con wearOS activa o modo de "desarrollador": Axustes > sistema > información > preme de forma sucesiva sobre "versión de complilación" ata que se notifique que se activa o modo par adesarrolador.
6.- Verás agora en "axustes" un nome menú chamado "opcións para desarrolladores" > marca a opción "depuración ADB" e "depurar a través de wiffi"
7.- No reloxo en "axustes" > conectividade > wifi escolle a rede á que esteas conectado (e de non estalo conéctate á mesma na que se atope o smartphone). Fai click sobre ela e toma nota da Direción IP.
8.- Abre a aplicación Bugjaeger no teu smartphone e preme na icona con formada de "enchufe", na parte superior dereita.
9.- Introduce a IP do reloxo e preme "CONNECT".
10.- Autoriza a conexión no reloxo.
11.- Escolle na aplicación o icono co cadrado e unha frecha e preme no "+" da parte superior.
12.- Tan só tes que escoller o apk que acabas de descargar e poderás instalalo.
13.- Despois duns segundos verás como aparece no teu reloxo.
Este sistema de instalación manual precisa ser repetido (desde o punto 8) cada vez que se suba unha nova actualización (do que deberás estar atento na páxina de descargas).
Por iso sempre que sexa posible é máis recomendable instalala desde Google Play Store do teu reloxo. (Se tes instalada a APP no smartphone verás aparecer a app como suxerida para instalala.
Só e recomendable este modo manual cando non aparece a app en Google Play ou con dispositivos con wearOS que non conten con Google play.