0
|
Comproba que a radio estea creada/activada e que o estado do servidor, no menú da dereita, apareza como "iniciado (listo para emitir)", de non ser así preme a opción dispoñible para crear/activar a radio ou reiniciar o servidor. Salvo momentos puntuais o servidor debería aparecer como activado por defecto, en caso de que non sexa así podes activalo do modo antes indicado. Só será preciso activar/crear a túa radio a primeira vez que accedas.
|
1
|
Instala o programa Butt, ou outro similar, no ordenador onde xestiones a radio do centro. Ou ben algunha das app compatibles se vas a emtir desde o smartphone ou tableta
Podes atopar as ligazóns de descarga, e máis información sobre a súa instalación, no manual de axuda AQUÍ. |
2
|
Engade no programa un novo servidor de tipo soutcast v2 sen SSL, cos datos que podes atopar na parte dereita, que se corresponden cos da túa radio online (consulta o manual de axuda para atopar máis información sobre a configuración necesaria para emitir desde un ordenador, teléfono móbil ou tableta).
|
3
|
Inclúe na túa web ou blog, o código co reproductor da radio online, ou ben emprega a url do stream que aparece no mesmo. Podes atopalo na parte dereita.
|
4
|
Comeza a emisión en directo desde o programa, escollendo o servidor que creaches cos datos da dereieta, e esta poderá ser escoitada no reproductor ou url en directo.
|
5
|
Lembra gravar o programa como o fas habitualmente, cando emitas online, posto que non se gardará ningún arquivo da mesma coa emisión. Podes usar o propio Butt, co seu correspondente botón de gravar á vez que se emite online..
|
6
|
Cando remates a emisión, o reproductor que teñas inserido nunha web/blog, ou na url da emisión, deixará de reproducir audio e volverá a aparecer como "sen emisión"
|
?
|