De seguido indícanse os diferentes apartados dispoñibles en PROENS, na elaboración das programacións didácticas, e os documentos que poden xerarse en prográmame-UDIS, para empregarlos nos mesmos:
Ten en conta que en PROENS hai que elaborar unha programación para cada área/materia e nivel, (ou facela combinada pero cos elementos curriculares para cada área/nivel), polo que é posible que teñas que repetir o introducido nalgúns dos apartados en todas elas (por exemplo en grupos mixtos). Esto implica que terás que xerar os documentos en Prográmame-UDIS para cada nivel e área.
Accede a PROENS nesta ligazón: https://edu.xunta.gal/proens
Tódolos documentos poden xerarse, e descargarse, nos seguintes botóns (a numeración e a sinalada posteriormente en cada apartado). Na lapela UDIS xerar.
Repasemos, de seguido, os diferentes apartados en PROENS e en cales podemos empregar os datos quemos en Prográmame-UDIS.
1.- INTRODUCIÓN:
Escritura en caixa de texto.
2.- OBXECTIVOS E COMPETENCIAS:
Marcar para cada obxectivo que aparece as CC que se traballan.
3.1.- RELACIÓN DE UNIDADES DIDÁCTICAS:
Ir engandido nunha lista as diferentes UD ou UDI da área e nivel, se xa as tes feitas en prográmame-UDIS, podes obter a lista tal como se sinala. Para cada unha tes que indicar o/os trimestres así como número de sesións que ocupará e o peso na materia (este último non dispoñible en prográmame-UDIS)
Podes xerar un documento coa lista de Unidades Didácticas dun cartafol na lapela UD-UDIS XERAR na opción: 'Listados de UDIS-UDS e de CRITERIOS/CONTIDOS/OBXECTIVOS traballados ou avaliados no cartafol actual'
Escollendo o botón 1 ou 2, atoparás a lista de UD-UDIS do cartafol ó final de calquera dos tres documentos.
No listado de UD-UDI verás, á esquerda, o número que se corresponde con cada UD-UDI, segundo a distribución por orde alfabética da lista.
Ampliar imaxe aquí
Tamén poden atoparse estes datos en cada unha das UD-UDI a nivel individual.
Número de xornadas/días por UD-UDI:
Podes velo entrando en cada unha das UD-UDI, ou no propio documento que sinala no punto seguinte (3.2 Distribución do currículo nas unidades)
3.2.- DISTRIBUCIÓN DO CURRÍCULO NAS UNIDADES DIDÁCTICAS:
Marcar na lista de Criterios e Contidos que aparece aqueles que se taballan en cada unha das UD. Se tes as túas UD-UDIS feitas en prográmame podes xerar a lista dos mesmos, para que tan só teñas que buscar e marcalos.
Adicionalemente podes crear sub-criterios e sub-contidos.
Podes conseguir dous tipos de documento, segundo a túa necesidade, onde se sinalan os criterios e contidos traballados en cada unha das Unidades Didácticas dun cartafol, na lapela UD-UDIS XERAR no apartado: 'Listados de UDIS-UDS e de CRITERIOS/CONTIDOS/OBXECTIVOS traballados ou avaliados no cartafol actual'
a) Listaxe de criterios ou contidos traballados coas UD-UDI nas que están presentes:
Escollendo os botóns 1 e 2 (Xerar listaxe de contidos / criterios coas UD-UDIS nas que se traballan)
Estas son as correspondencias no apartado 3.2 de PROENS:
Ampliar imaxe aquí
b) Listaxe de UD-UDIS cos criterios, contidos, obxectivos... presentes en cada unha
Tamén podes conseguir os mesmos datos xerando o documento con tódolos elementos curriculares por UD-UDI, se ben o indicado na opción a sería máis cómoda á hora de marcalos en PROENS.
Para elo tes que escoller o botón 3
Tamén poden atoparse estes datos en cada unha das UD-UDI a nivel individual.
Ten en conta que Prográmame-UDIS non traballa con sub-criterios nin con sub-contidos.
Desde a APP para telefónos intelixentes e tabletas, tamén podes xerar os 3 documentos:
Existe tamén a opción de obter estes mesmos documentos desde a APP para iOS e Android, no apartado currículum e escollendo unha das áreas: (indicativo 4, terceira icon desde a esauerda)
Número de xornadas/días por UD-UDI:
Ademais de no documento anterior tamén se pide o número de días (xornadas) en que se traballa cada UD-UDI, se o anotaches no calendario de cada UD-UDI, podes ver ese dato no apartado identificación de cada unha.
Do mesmo xeito podes velo no apartado identificación de cada UDI na APP para teléfonos intelixentes e tablets.
3.3.- AVALIACIÓN DAS UD:
Para cada criterio de avaliación que se sinala (marcado como traballado no apartado anterior), indicar con que instrumento se avaliará e o mínimo para logralo. Se tres creadas as túas UD-UDIS en prográmame-UDIS, podes xerar a lista con estes datos, para localizalos e marcalos.
Pode conseguirse un documento onde se sinalan os instrumentos de avaliación para cada un dos creterios, en unha das Unidades Didácticas dun cartafol, así como o descritor ou mínimo indicado para cada un deles, na lapela UD-UDIS XERAR escollendo a opción: 'Listados de UDIS-UDS e de CRITERIOS/CONTIDOS/OBXECTIVOS traballados ou avaliados no cartafol actual'
Tan só tes que premer o botón 3 e xerar o documento
Estas son as correspondencias no apartado 3.3 de PROENS:
Ampliar imaxe aquí:
Tamén poden atoparse estes datos en cada unha das UD-UDI a nivel individual.
Existe tamén a opción de obter este mesmo documento desde a APP para iOS e Android, no apartado currículum e escollendo unha das áreas: (indicativo 4, terceira icon desde a esauerda)
4.1.- CONCRECIÓNS METODOLÓXICAS:
Escritura en caixa de texto.
4.2.- MATERIAIS E RECURSOS DIDÁCTICOS:
Ir engadindo nunha lista os materiais e recursos que se empegarán, en xeral, non para cada UD-UDI. Se tes as UD-UDIS creadas en prograámame-UDIS, podes odes obter a lista dos incluidos nas UD-UDIS que teñas no cartafol, para logo ir introducíndoos.
Pode conseguirse un documento onde se sinalan os intrumentos e recursos indicados nas UD-UDIS dun cartafol, na lapela UD-UDIS XERAR escollendo a opción: 'Listados de UDIS-UDS e de CRITERIOS/CONTIDOS/OBXECTIVOS traballados ou avaliados no cartafol actual'
Tan só tes que premer o botón 3
No documento xerado, o final do mesmo, atoparás a lista de materiais e recursos que indicaches nas diferentes UD - UDIS do cartafol.
Tamén poden atoparse estes datos en cada unha das UD-UDI a nivel individual.
Existe ademais a opción de obter este mesmo documento desde a APP para iOS e Android, no apartado currículum e escollendo unha das áreas: (indicativo 4, terceira icon desde a esauerda)
5.1.- AVALIACIÓN INICIAL:
Escritura en caixa de texto.
5.2.- CRITERIOS DE CUALIFICACIÓN E RECUPERACIÓN:
Escritura en caixas de texto.
5.3.- RECUPERACIÓN DE MATERIAS PENDIENTES:
Escritura en caixa de texto.
5.4- PROCEDEMENTO PARA ACREDITAR O COÑECEMENTOS EN DETERMINADAS MATERIAS:
Escritura en caixa de texto.
6.- MEDIDAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE:
Escritura en caixa de texto.
7.1.- ELEMENTOS TRANSVERSAIS:
Engadir nunha lista, para cada unha das UD, os elementos transversais que se traballan nela.
7.2.- ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS:
Engadir nun listado as actividades complementarias, coa descrición das mesmas, que se levarán a cabo.
8.1.- AVALIACIÓN DO PROCESOD DE ENSINO E PRÁCTICA DOCENTE COS SEUS INDICADORES:
Engadir nun listado os indicadores para a avalición do proceso e práctica docente.
8.3.- REVISIÓN, SEGUIMENTO, AVALIACIÓN E PROPOSTAS DE MELLORA:
Escritura en caixa de texto.
Tal vez che interese tamén o seguinte manual de uso de PROENS:
Accede ao manual de uso de PROENS desde aquí.