inicioacceso usuarios/asGALCAST
.

1 - Que é e como funciona o encerado de debuxo?

Así de doado é empregar o encerado de debuxos de recursoseducativos.net. 

 

As opcións dispoñibles son as seguintes:

  • Goma - lapis e cores: escolle a cor e se queres trazar ou borrar.
  • Imprimir: Permite imprimir o debuxo actual.
  • Gardar: Garda manualmente o debuxo, asociado ó alumno/a. Lembra que este debuxo xa se garda de forma automática con cada trazo, polo que non é imprescindible usalo para que garden os debuxos.
  • Descargar: Descarga a imaxe no teu ordenador.
  • Ver todos os debuxos do alumno/a: Permite acceder á visualización de tódolos debuxos feitos por un alumno/a. Dentro desta visualización poderás borrar os debuxos almacenados que desexes (se o precisas).
  • Limpar a zona de debuxo: Limpar a zona de debuxo (non confundir coa opción de borrar antes indicada)

A ferramenta de debuxo conta con auto-gardado, de xeito que con cada trazo, o debuxo é gardado de forma automática asociado ó alumno/a con data do mesmo. De todos modos podes tamén empregar o gardado manual, empregando botón correspondente, se ben non é preciso.

Este encerado está baseado na zona de debuxo do calendario de aula online, outra das aplicación de recursoseducativos.net, tamén é accesible desde: