O calendario pode ser visualizado de dúas maneiras, en función de se accedeu co usuario e contrasinal do mestre, ou código QR do alumno ou ben como visitante (p.e. o alumno/a desde casa).
Deste xeito o alumnado poderá interactuar co calendario (engadindo iconas de evento, marcando as faltas e anotando os días que pasan) baixo o control do mestre en todo momento, empregando o seu carnet co código QR e a webcam (ou ben co contrasinal do mestre/a), sen ter que poder acceder a tódalas opcións dispoñibles cando se accede con usuario e contrasinal.
É importante que co alumnado se use SEMPRE o acceso con código QR (carnet QR). O acceso con usuario e contrasinal debe reservarse só para a xestión do calendario como mestre/a pero NUNCA ser usado polos propios alumnos/as, xa que poden acceder a datos relevantes, e facer calquera modificación nos teus servizos dispoñibles en recursoseducativos.net
O acceso como visitante, sen contrasinal, permite:
A función deste acceso é que o alumnado poida empregar o calendario libremente, pero no modificar os contidos do mesmo empregando unha ligazón, que podes incluír no blogue da túa aula.
O acceso con contrasinal ou código QR , permite: