Desde a versión 3.1.181, xa e posible crear, borrar e modificar Unidades Didácticas e Unidades Didácticas Integradas, desde a propia APP, do mesmo modo aue se fai na vesión web, pero só cando se traballa coa versión de currículum LOMLOE.
Verifica que teñas esta versión ou superior instalada, ou actualízaa en Google Play/App Store segundo o teu dispositivo móbil.
Cando accedas a cada un dos apartados da túa UD-UDI verás na parte superior diferentes botóns para editar, engadir ou borrar. O sistema conta con auto-gardado, ao igual que a versión web, polo que non é preciso que premas o botón de gardado con cada cambio.
No seguinte podes ver como crear, borrar e modificar e borrar UD-UDIS desde a APP, sincronizando os cambios en tempo real coa versión web.