inicioacceso usuarios/asGALCAST
.

1.1.2.1 - Crear, modificar e borrar UD-UDIS desde a propia APP

Podes crear, borrar e modificar Unidades Didácticas e Unidades Didácticas Integradas, desde a propia APP, do mesmo modo aue se fai na vesión web de Prográmame-UDIS. Consulta o seu manual para información máis detallada do proceso.

Asemade cando se crean UDIs é posible crealas usando unha intelixencia artificial de OpenAI (chatGPT). Consula o manual ao respecto AQUÍ. (Lembra actualizar sempre a app á útlima versión dispñible na App Store e en Google play)

 

Crear unha UD-UDI:

Premendo no botón tes a opción de escoller que queres crear.

Estas son as opcións que verás para crear a UD-UDI.

Tan só deberás seguir as indicacións en cada caso para creala.

 

Modificar ou completar unha UD-UDI creada:

Ben xa a tiveras creada ou se acabas de creala, tan só debes acceder a cada un dos seus apartados e prmer no botón "editar" para facer tódolos cambios que queiras. Lembra que estos cambios están sincronizados en tempo real coa versión web de prográmame-udis

 

Borrar unha UD-UDI:

Podes borrar unha UD-UDI desde tres lugares:

  • Desde o botón xestionar escollendo "borrar"
  • Deslizando sobre a UD-UDI e escollendo a icona de borrar
  • Entrando en "identificación" e escollendo borrar.

Ten en conta que, por seguridad, tamén se manteñen aquí as mesmas limitacións de borrado que na versión web (ten que estar.valeira e tes que confirmar o borrado). Consulta o manual da versión web para información máis detallada